Ata mediados do século XIX o único espazo axardinado da Coruña era o baluarte de San Carlos.[5] Co proxecto de ampliación do porto de Celedonio de Uribe apareceu unha área gañada ao mar que se chamou o Relleno (“Recheo”).[6] Esta zona foi axardinada a proposta do arquitecto municipal José María Noya[7] segundo o deseño de Narciso García de la Torre.[6]
En 1868 creouse a alameda pública, que o 8 de maio de 1871 recibiu o nome de Méndez Núñez.[5] O xardín foise mellorando grazas ás doazóns de capitalistas, cidadáns e persoeiros ilustres como Modesta Goicouría.[5]
Durante o século XIX instaláronse tamén quioscos de refrescos e para a celebración de feiras; o primeiro deles foi o deseñado por Faustino Domínguez Domínguez en 1877. Para poder levar a cabo bailes inaugurouse en 1884 un palco da música e a partir de 1896 colocáronse estatuas para recoñecer algunhas personaxes públicas.[5]
A principios do século XX comezou a construción de quioscos fixos.
Entre os elementos arquitectónicos dos xardíns destacan:
O Palco da Música,[9] que foi deseñado polo arquitecto municipal Juan de Ciórraga en 1884, baseado nunha das propostas da compañía inglesa Walter MacFarlam & Co., de Glasgow.[10] O palco actual é unha réplica construída en 1985.[5]
O Hotel Atlántico, no que se atopa o Casino Atlántico, construíuse sobre o antigo Hotel Atlantic (1923), que á súa vez se levantou sobre o Salón Cinema Coruña.[10]
O edificio Atalaya (1933), de estilo racionalista.[12] Obra de Antonio Tenreiro, orixinariamente acollía os baños, un almacén e unha biblioteca infantil.[13]
Nos xardíns de Méndez Núñez atópanse varias esculturas dedicadas a diversos persoeiros. A primeira foi a dedicada ao deputado Daniel Carballo, de Agustín Querol (1896), sobre un pedestal de Pedro Mariño. Porén, máis interesante artisticamente é o monumento que o mesmo autor dedicou a Aureliano Linares Rivas en 1912.[5]
Existen ademais os monumentos ao libro e aos seus creadores (Buciños, 1976), o que conmemora o Ano Internacional do Neno (Mon Vasco)[1] e a escultura Xente, de Emilio Celeiro (instalada en 2021), en homenaxe ao persoal sanitario polo seu labor durante a pandemia de COVID-19.[18] Os monumentos de Felipe de Moratilla a Themys e Baco e ao pescador napolitano foron trasladados ao almacén municipal e ao Aquarium Finisterrae respectivamente.[16]
Galería de imaxes
Monumento a Curros Enríquez, fronte ao Teatro Colón
↑ 5,05,15,25,35,45,55,6Fernández Fernández, Xosé. La Terraza y los kioscos de los jardines de Méndez Núñez de La Coruña(en castelán). Recortables de La Coruña.
↑Casabella López, Xosé Manuel; Suárez Brandariz, Roberto; Valle Rubín, Teresa. Edificio do Kiosco Alfonso nos Xardíns de Méndez Núñez. Recortables de La Coruña.