Igrexa de Santiago da Coruña

Igrexa de Santiago da Coruña
Fachada da igrexa de Santiago.
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónSantiago o Maior
LocalizaciónA Coruña
Coordenadas43°22′10″N 8°23′38″O / 43.36944444, -8.39388889
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
ConstruciónSéculos XII-XVIII
EstiloRománico
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santiago é o templo coruñés principal e o máis antigo. Comezouse a construír no século XII, durante o reinado de Fernando II. No seu adro reuníase o concello ata o século XV.

Historia

As primeiras noticias da igrexa de Santiago son de 1218 e durante a Idade Media reuníase no seu adro o concello, ata que no século XV pasou a ocupar o convento de San Domingos.[1]

A igrexa tiña dúas torres, unha con campás e outra na que se gardaban escrituras e pólvora, entre outros obxectos. Ambas as torres ameazaban ruína, polo que se recomendou a súa demolición en 1531. A nova torre, construída en 1607, obrigou a reformar a ábsida da Epístola.[1]

O 1 de abril de 1779 sufriu un incendio que levou a ter que realizar profundas reparacións. No século XIX o arquitecto Juan de Ciórraga creou o rosetón da fachada e as escaleiras de acceso.[1]

Descrición

A planta orixinal contaba con tres naves, que foron reducidas a unha soa, de estilo oxival, no século XV.

A fachada principal é románica e sobresae do muro nun bloque. Na arquivolta central aparecen os vinte anciáns da Apocalipse cos seus instrumentos musicais escoitando ao Salvador. O tímpano está sostido por anxos e nel aparece Santiago o Maior a cabalo. Esta figura, e algunha outra, proceden doutra parte. Polo leste hai tres ábsidas románicas, divididas no exterior por columnas con capiteis vexetais; a da esquerda está seccionada por un esquinal da torre. A igrexa conta con tres portas, das que a do norte é a máis antiga. O tímpano está sostido por dúas mochetas con cabezas de bovinos e representa un año entre dous circos que sostén unha cruz coas patas. A porta sur tamén é románica e ábrese á sancristía.

A torre foi construída no 1607. A ábsida forma un curioso recuncho que é a rúa máis curta da Coruña, a da Reixa Dourada.[2] Resaltan os canzorros que sosteñen o beiril do tellado e o rosetón no testeiro da nave.

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Fernández Fernández, Xosé. La iglesia de Santiago de La Coruña (en castelán). Colección Recortables de La Coruña. 
  2. «Correos pasa de longo pola rúa máis curta» La Voz de Galicia, 29/7/2006.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!