Monumento a Concepción Arenal

Monumento a Concepción Arenal
Monumento a Concepción Arenal
Presentación
LocalizaciónA Coruña
DirecciónXardíns de Méndez Núñez
Construción
Data da construción1916
Equipo
EscultorRafael González Villar

O monumento a Concepción Arenal é un conxunto escultórico realizado polo arquitecto Rafael González Villar na memoria da socióloga Concepción Arenal. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez.

Descrición

En 1914 o concello da Coruña deulle o visto e prace á idea do presidente do Círculo de Artesáns de construír un monumento a Concepción Arenal nun dos macizos situados xunto ao estanque dos Xardíns do Recheo. No macizo simétricos situaríase outro monumento dedicado a Rosalía de Castro, que non chegou a levantarse.[1] O arquitecto Rafael González Villar ofreceuse desinteresadamente para o seu deseño.[2]

O monumento, aínda sen finalizar,[3] inaugurouse o 17 de setembro de 1916, estando presente o presidente do Consello de Ministros Eduardo Dato.[4]

O monumento é moi innovador, xa que nese momento o costume era colocar unha estatua do homenaxeado sobre un pedestal. Foi o primeiro monumento español pensado como un conxunto arquitectónico, e non se atopa ningún outro deste estilo ata 1931.[5] Está composto por seis pináculos, cunha escultura que representa unha aguia, un libro e unha serpe.[6] Tamén se incluíu un medallón co retrato da homenaxeada. A escultura é unha alegoría da obra de Concepción Arenal, que loitou por mellorar as condicións nos cárceres.[7] Neste simbolismo, así como nos ornamentos obsérvase un estilo modernista.[8] A obra de cantería levouna a cabo o construtor José María Longueira, os elementos ornamentais de forxa Julio Wonenburger e as esculturas de bronce Joaquín López Fernández.[3]

Galería de imaxes

Notas

  1. En 1952 decidiuse finalmente erguer un monumento a Rosalía de Castro na Coruña, situado nun lateral da estrada de Madrid.
  2. Garrido Moreno 1998, p. 126.
  3. 3,0 3,1 Garrido Moreno 1998, p. 127.
  4. Fernández Caamaño, J.M. (14-04-2019). "La cara y la cruz del homenaje a dos gallegas: Concepción Arenal y Rosalía de Castro". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 26-10-2024. 
  5. Garrido Moreno 1998, p. 128-29.
  6. Modernismo en A Coruña
  7. Esculturas en A Coruña
  8. Turismo da Coruña

Véxase tamén

Bibliografía

  • Garrido Moreno, Antonio (1998). El Arquitecto Rafael González Villar (en castelán). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña. ISBN 84-89652-63-5. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!