A Casa do Sol é un edificio situado na cidade da Coruña, na esquina da rúa Sol coa avenida de Pedro Barrié de la Maza, fronte á praia do Orzán.
Foi deseñado por Pedro Mariño en 1903, e nun primeiro momento foi dedicado a tratar doenzas como a tuberculose. Actualmente é propiedade do concello da Coruña, e nel ten a súa sede a Comisión de Festas da cidade.
Descrición
A Casa do Sol é un edificio de planta cadrada de 12×12 metros dun único andar. As fachadas son simétricas e nelas destaca a decoración da cornixa. Remátase cun lucernario situado no centro, sobre a que era a sala de espera do dispensario.
Inicialmente ía construírse entre as cocheiras do tranvía e o lavadoiro do Orzán, mais en 1905, cando se concedeu a licenza de construción, decidiuse a súa localización actual.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.
|
---|
Lugares senlleiros | |
---|
Museos | |
---|
Artes escénicas e da imaxe | |
---|
Espazos naturais | |
---|
Outros lugares | |
---|
|