As escolas Labaca é un edificio situado no centro da cidade da Coruña.
Historia
Os irmáns Ángela e Ricardo Labaca fundaron a Escola Católica de Ave María en honra dos seus pais para atender a nenos e nenas de clase humilde.[1] Cando se construíu o edificio a zona do Camiño Novo estaba practicamente sen edificar, só con algunhas edificacións industriais.
Anos despois a escola pasou aos poderes públicos.[1]
Descrición
O edificio principal foi deseñado por Leoncio Bescansa en estilo modernista e neogótico e consta de dous andares. O inferior estaba destinado a aulas e o superior para vivendas dos mestres e unha aula.
Ten planta simétrica e destaca a fachada cunha torre como elemento central, máis alta que a cornixa. Rodeando a torre hai seis pináculos con decoracións con formas xeométricas rematadas nunha coroa.
Tamén destaca a reixa, con forma de tea de araña.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.
Ligazóns externas
|
---|
Lugares senlleiros | |
---|
Museos | |
---|
Artes escénicas e da imaxe | |
---|
Espazos naturais | |
---|
Outros lugares | |
---|
|