A ponte da Pasaxe ten unha lonxitude de 225 metros, con tres carrís por sentido e unha única calzada.[1]
Historia
A idea de construír unha ponte sobre a ría do Burgo apareceu xa no século XIX.[2] A primeira ponte no lugar, de ferro, construíuse en 1901. Ata ese momento só existía a posibilidade dunha pasaxe en barco desde As Xubias creada en 1491.[3]
A ampliación do tráfico fixo necesaria a ampliación da ponte. En 1959 construíuse unha nova ponte[4] e a construción da actual iniciouse en xullo de 1974. A primeira metade inaugurouse en 1975 e a segunda o ano seguinte. [2]