Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Casa da Aduana da Coruña

Casa da Aduana

Uso(s)Sede da subdelegación do goberno na Coruña
Localización
Mapa
 43°22′N 8°24′O / 43.37, -8.4
LocalizaciónAvenida da Mariña, 23
15001, A Coruña
Datas
RemodelaciónFaustino Domínguez Domínguez
Persoas e organizacións
Arquitecto/aPedro Martín Cermeño
Wikidata ]

A Aduana Real é un edificio de estilo clasicista situado no barrio da Pescaría da Coruña.

Historia

En 1761 instalouse na Coruña a Real Intendencia de Rendas, nun edificio alugado na avenida da Mariña. Considerado axeitado o lugar decidiuse comprar o local e os edificios contiguos.[1]

O edificio foi construído como sede da Aduana Real en 1768, segundo o deseño de Pedro Cermeño.[1] Debería formar un conxunto coas casas de Paredes, mais o proxecto quedou inacabado.[2]

A mediados do século XX pasou acoller o Goberno Civil da provincia da Coruña, convertido en 1997 en subdelegación do goberno.[3]

Descrición

A aduana real é un edificio de cantería que dá a tres rúas con dúas fachadas. A máis monumental é a da rúa Real, con pilastras xónicas. A fachada lateral, probablemente de Faustino Domínguez Domínguez, é do século XIX.[2]

No século XX engadiuse un andar, destruíndose as bufardas.[2]

Notas

  1. 1,0 1,1 La Real Aduana y las Casas de Paredes
  2. 2,0 2,1 2,2 "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  3. "Ley 6/1997, de 14 de abril, de Organización y Funcionamiento de la Administración General del Estado". Boletín Oficial del Estado (90): 11755–11773. 15 de abril de 1997. Consultado o 24 de outubro de 2011. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya