Afundación (A Fundación Galicia Obra Social) é unha organización privada de mecenado cultural ligada a Abanca. Procura unha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela.
Historia
O 1 de decembro de 2010: Inscribiuse no Rexistro Mercantil a nova entidade froito da fusión entre Caixanova e Caixa Galicia, Novacaixagalicia, que integraba a actividade financeira e a obra social. O 14 de setembro de 2011 a caixa segrega a súa actividade financeira a Novagalicia Banco e pasa de ter unha participación do 100 % a ter un 6,8 %, o que representa un valor de capital no seu patrimonio de 181 millóns de euros.
O 26 de decembro de 2012 o FROB acordou realizar unha operación de redución e ampliación de capital (operación acordeón) e, como consecuencia, Novacaixagalicia, xa só constituída polas áreas social e de cultura, sen ningún tipo de vinculación coas finanzas, perde toda a súa participación en Novagalicia Banco. O 28 de decembro de 2012 Novacaixagalicia convértese, de acordo á normativa vixente, en Fundación Especial Novacaixagalicia.
O 11 de decembro de 2013 a fundación foi recoñecida como de Interese Social e de Fomento da Economía Produtiva de Galicia. O 18 de decembro de 2013 tivo lugar a declaración de interese galego e inscrición da Fundación Especial Novacaixagalicia Obra Social no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 2013/12.
O 18 de xuño de 2014 asinouse o convenio de mecenado con ABANCA e aprobación de novos estatutos.[1] Adoptou a denominación de Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e converteuse en fundación ordinaria. O 27 de xuño de 2014 tivo lugar a inscrición da modificación de estatutos no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. O 2 de setembro de 2014 constituíuse o novo padroado de Afundación, configurado segundo os novos estatutos.
Padroado
O máximo órgano de decisión de Afundación é o Padroado no que están representados ABANCA, o noso único mecenas, as sete principais cidades galegas, o Parlamento de Galicia, as deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e os traballadores. Todos os seus membros contan cunha ampla experiencia nos campos de actuación de Afundación, tal e como establecera a Xunta de Galicia nos estatutos da entidade.[2]
Membros
- Presidente: Miguel Ángel Escotet Álvarez
- Vicepresidente: Ángel Sicart Giménez
- Asesor xurídico: José Eduardo Álvarez-Naveiro
- Secretario (non no Padroado): Jesús Navazo Ruíz, subdirector xeral de Entidades Financeiras da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, que exerce o protectorado de Afundación
- Xerente (non no Padroado): Pedro Otero Espinar
Vogais
- Afonso Ribas Fraga
- Eladio Fernández Pérez
- Francisco Botas Ratera
- Javier Etcheverría de la Muela
- Jesús Santiago Vázquez Sanluis
- José Fernández Pernas
- José Luis Jiménez Martínez
- José Luis Lolo Celeiro
- Juan Carlos Escotet Rodríguez
- Laura Mosquera Escudero
- M.ª Jesús Budiño Rodríguez
- Marcelino Agís Villaverde
- María Isabel González Rey
- Marta Lucio Gómez
- Olga Cuña Blanco
- Óscar Villar Díaz
- Pedro Raúl López Jácome
- Ramón Sestayo Lestón
- Ricardo Díaz-Casteleiro Romero
- Xosé Carlos Caneiro Pérez
- Xosé Luis Liñares Barbeito
Colección de arte Afundación
A Colección Afundación é unha colección artística propiedade de Afundación.
No ano 2011 contaba con máis de 5 000 obras,[3] de máis de 300 autores, entre pintura, escultura, fotografía, gravado e debuxo. Existe unha mostra permanente das obras máis representativas da mesma, na sede Afundación en Vigo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos