Ángel Andrés Sicart Giménez, nado en Vilameá (A Pontenova) o 26 de abril de 1948[1] é un historiador galego especializado en historia da arte.
Licenciouse en Filosofía e Letras (Sección Historia da Arte), na Universidade de Santiago de Compostela, na que se doutorou.[1][2]
Fórenlle concedidas varias bolsas de estudos, unha delas para a Academia de Belas Artes de Roma, Italia (1976-1977), cidade na que ensinou Historia da Arte española no Instituto de Lingua e Literatura.[2] Até a súa xubilación foi profesor titular de Historia da Arte na Facultade de Xeografía e Historia da USC.[3]
O profesor Sicart ditou conferencias e dirixiu cursos en universidades españolas e estranxeiras sobre temas da súa especialidade,[1] e participou en varias reunións e congresos nacionais e internacionais. Colaborou na Catalogación artística de Galicia (Fundación Barrié-Museo Provincial de Pontevedra, 1973), e coordinou as I Xornadas Arquitectura-Historia da Arte (Santiago de Compostela, 1988)
É académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando,[4] do Comité Español de Historia del Arte, da Comisión da Cidade e o Camiño de Santiago, e da Comisión do Patrimonio Histórico do Consello da Cultura Galega,[1][2] así como membro do Centre européen de recherches sur les clongregations et des ordes monastiques.[2]
O 20 de novembro de 2002 o Liceo de Ourense concedeulle a súa medalla de ouro polo seu apoio a esa entidade, destacando o seu papel na obra de restauración do edificio e promovendo a declaración do mesmo como Ben de Interese Cultural.[5] En setembro de 2014 foi nomeado membro do Patronato de la Fundación Galicia Obra Social (Afundación).[6]
Sicart publicou seis artigos de revistas, sete colaboracións en obras colectivas, un libro, ademais de dirixir unha tese de doutoramento.[7]
Desde 1966 a 2005 Ángel Sicart foi director xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Culturada Xunta de Galicia.[9][10]
Ángel Sicart Giménez casou con María Dolores Vila Jato, tamén historiadora da arte e, coma el, académica correspondente da Real Academia Española de Belas Artes de San Fernando, que faleceu o 2 de abril de 2001,[11] A parella tivo un fillo.[1]