O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983.[1] Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.[2]
Rosario Álvarez Blanco, actual presidenta.
A súa presidenta é Rosario Álvarez, ademais o Consello componse de representantes de entidades e personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Xestiona os seguintes arquivos: Arquivo Sonoro de Galicia, Centro de documentación sociolingüística de Galicia, Arquivo da emigración galega e Arquivo de comunicación.
Coa excepción dos dous últimos, Ramón Villares e Rosario Álvarez, que foron escollidos polo Pleno do CCG, todos os demais presidentes ocuparon este posto debido á morte do anterior.