BnF-Partnerships, sen etiquetar, Maps and Plans Department of the BnF, Biblioteca do Arsenal, Prints and Photographs Department of the Bibliothèque nationale de France, Manuscript department of the National Library of France, Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, Music Department of the National Library of France, Département Philosophie, histoire, sciences de l'homme de la Bibliothèque nationale de France, sen etiquetar, Département Littérature et art Paris e sen etiquetar
A Biblioteca nacional de Francia (en francés: Bibliothèque nationale de France), coñecida polo acrónimoBnF e chamada tamén Biblioteca Nacional de París, é unha das bibliotecas máis importantes de Francia e do mundo.[1]
Ten o estatuto de estabelecemento público. As súas actividades desenvólvense en diferentes sedes, sendo François Mitterrand a principal, situada no barrio de Tolbiac, na beira sur de París. As outras son a Richelieu-Louvois e a Louvois.
A Biblioteca é moi coñecida pola súa versión dixital, chamada Gallica. Un decreto do ano 1537, que aínda segue en vigor, esixe que a Biblioteca Nacional de Francia garde un exemplar de tódalas obras que se publican en Francia. Actualmente acolle máis de 13 millóns de libros e 350 000 volumes de manuscritos, así como coleccións de mapas, moedas, documentos, selos e rexistros de son.