A Biblioteca Nacional de España é o centro depositario do Patrimonio Bibliográfico e Documental de España e a institución custodia unha rica colección histórica e todo tipo de publicacións producidas en territorio nacional desde comezos do século XVIII. Actualmente, este fondo documental está composto por máis de 26 millóns de pezas que inclúen libros, revistas, mapas, gravados, debuxos, partituras, folletos etc.
Organización
A Biblioteca depende directamente do Ministerio de Cultura e do director xeral da mesma, que contan cun Real Padroado a quen a lei lle atribúe as facultades de «órgano superior consultivo» e que ten como estrutura estable un Consello de Dirección, unha Dirección Técnica e unha Xerencia.