Nave do Grupo Correo Gallego no Polígono Industrial Costavella de Santiago de Compostela.
O primeiro número saíu o 1 de agosto de 1878. O seu primeiro director foi Victorino Novo García. Dende 1912 e durante vinte e seis anos, a familia Barcón xestionou o xornal.
En outubro de 1938 trasladouse a Santiago e fusionouse con El Eco de Santiago, pasando a denominarse El Correo Gallego y El Eco de Santiago. En 1967, fusionouse con La Noche pasando a denominarse El Correo Gallego, diario de La Noche e converténdose en vespertino. Esta unión só durou ata o 27 de decembro de 1968, cando volveu reaparecer El Correo Gallego como diario matutino.
Feliciano Barrera foi o seu propietario, ata o seu pasamento en 2012.
En xuño de 2022 o xulgado declarou o concurso voluntario de acredores de Editorial Compostela S.A., a empresa editora do xornal, que tiña unha débeda de 17 millóns de euros[1]. En novembro de 2022 Editorial Compostela pasou a formar parte do grupo Prensa Ibérica[2].