Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes próximos como o de Fontecova.
Historia
Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio. Na zona consérvase unha pontemedieval.
Está protexido desde hai anos da construción para que ningún edificio poida competir nunca en altura nin en visibilidade coa catedral de Santiago.[1]
No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión.