A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións[1]. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e conta con versión dixital que se activou primeiro en 2008[2] e nunha segunda versión en 2022.
A EGU demostra que se pode pensar e vivir como galegos e que cada vez é máis rendíbel.
Parte dos contidos universais proceden da Enciclopèdia Catalana, que foron actualizados e versionados ao galego. Conta con entradas dos santuarios, portos, aeroportos e principais vías de comunicación, centros turísticos, edificios e demais elementos do patrimonio arquitectónico monumental ou do patrimonio natural de especial interese en e para Galiza. Do mesmo xeito, inclúense os principais accidentes do relevo, do litoral e mais as augas continentais. Cartografía polo miúdo as 53 comarcas galegas e os (daquela) 315 concellos, con máis de 4.000 parroquias.
Conta cun 60% de temas universais contemplados desde a perspectiva de Galiza, e dun 40% de temas propiamente galegos.[1]
Redacción
Entre outros: Isabel Acea Méndez, Irene Álvarez López, María Luisa Álvarez Martín, María Romina Álvarez Troncoso, María Celia Ameneiro Bravo, Diego Araúxo Souto, Luis Baltar Gardón, María Cruz Buján Vareal, María Asunción Canal Covelo, Elena Carballo Ferrer, Lucía Docampo Martínez, Xesús Domínguez Dono, Juan Luis Domínguez Rodríguez, Carmen Fernández García, Miguel A. Fernández Martínez, Eva María Fernández Nieto, Silvia Figueira Blanco, Alejandro Garrido Alonso, Inés González de Castro, Antía González Fernández, Clara González Fernández, Alfredo Iglesias Diéguez, Ana Isabel López Pérez, Sara Lorenzo Nogueira, Manuel Antonio Lourenzo Sobral, Antia Marcote Cal, María Isabel Mejuto Seijido, Teresa Monteagudo Cabaleiro, Laura Montes García, María del Mar Ordóñez Reboiras, Carmen Otero Parada, Sonia Outes Fernández, Mercedes Pacheco Vázquez, Emilio Pallarés Álvarez, Susana Pereira Fiuza, María del Carmen Pereiro González, María del Mar Porto Folgar, Anxo Xoán Rajó Pazó, Pedro Israel Ramos Rivas, Mónica Rei Santiago, Alexandre Rodríguez Gómez, Gerardo Rodríguez Meiriño, Iria Treig Comesaña, Beatriz Varandas González e Francisco Varela Losada.[4]