Anxo Xoán Rajó Pazó, nado en Vigo o 23 de setembro de 1973, é un profesor e escritor galego.[1]
Comezou Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e rematou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.
Impartiu clases de Lingua Galega e Literatura en varios institutos galegos, pasando a Baiona en 2022 no CPI Cova Terreña.[2]
Foi coordinador de literatura na Enciclopedia Galega Universal (EGU)[3] e coordinador xeral do Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) en Ir Indo Edicións.
Colaborou na revista da Sociedade para o Estudo e a Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico de Galicia.[4]
É membro da fundación Premios da Crítica Galicia. Colabora coa Aula Castelao de Filosofía[5] e coa Asociación Maragatacasa, centro interpretativo sobre os maragatos en Lourenzá.
Editou no Centro Ramón Piñeiro Contos do turreiro de Avelino Rodríguez Elías.[6] Tamén colaborou no Diccionario de galego de Ir Indo.