Luísa Villalta

Modelo:BiografíaLuísa Villalta

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Luísa Villalta Gómez Editar o valor en Wikidata
15 de xullo de 1957 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de marzo de 2004 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemeninxite Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista, escritora, profesora de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePaulino Pereiro (1978-1998) Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX870487 AELG: 197 BUSC: villalta-luisa-1957-2004 Dialnet: 1448032

Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957[1] e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.

O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras[2] do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo". A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 2024,[2] destacando dela que foi a "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90". Esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Euloxio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino, Manuel González González e a xa mencionada Ana Romaní.[3]

Traxectoria

Naceu na Coruña, na rúa Vila de Laxe.[2] Estudou no colexio das Xosefinas da rúa Juan Flórez e mais no IES Eusebio da Guarda.[4][5] Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, foi tamén titulada superior en violín. Formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela desde 1985 e, máis tarde, da Xove Orquestra de Galicia, así como de diversos grupos de cámara galegos. En 1988 aprobou as oposicións de docente de Lingua e Literatura Galegas, e deu clase no IES Xosé Neira Vilas (Perillo, Oleiros), IES Canido (Ferrol) e no IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

Desenvolveu unha intensa actividade cultural: deu seminarios, recitais de poesía e palestras, entre outros. Colaborou en varias publicacións, entre elas, Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave ou Página abierta.[6] O seus artigos publicados entre o 4 de xaneiro do 2002 e o 4 de marzo de 2004 en A Nosa Terra, foron compilados no Libro das colunas (2005).[7][8]

Participou en entidades como a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Foro da Cultura Galega ou A Mesa pola Normalización Lingüística.[9]

Finou o 6 de marzo de 2004[10] por unha meninxite,[11] aos 46 anos de idade.[12] Os seus restos mortais descansan no cemiterio de Santo Amaro da cidade herculina.[13] Ao rematar a cerimonia relixiosa un nutrido grupo de escritores e poetas de toda Galicia como Manuel María ou Manuel Rivas despedírona nun acto laico con poemas e música de violín, ó acto tamén acudiron políticos como Xosé Manuel Beiras e Anxo Quintana.[14]

Legado

En 2018 a súa familia cedeu os seus fondos documentais ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.[15]

Vida persoal

Casou con Paulino Pereiro o 19 de abril de 1978, e divorciáronse en 1998.[16]

Obra

Poesía

Nesta casa viviu e soñou a poeta
Luísa Villalta
aquí as súas mans modelaron
a lingua, os sons, o que habita
no outro lado da música, na poesía.
A Coruña, 28 de setembro de 2014
Asociación de Escritoræs en lingua Galega

Teatro

Narrativa

Ensaio

Por suposto, nalgures permanecen os temas. Pero os temas son o máis impersoal do traballo poético. Os temas son moi poucos. A vida e a morte. Talvez só a vida (ou só a morte). Sexan os que foren, nas súas infinitas variacións poden encontrarse nas Enciclopedias, nos libros de Historia ou (e non é raro) de Teoría Matemática, na información diaria que nos fai deglutir a realidade, en cada ocasión en que se ten a certeza de estar vivendo.

— Luísa Villalta , Poética "Sobre un certo estado de conciencia"[28]

Escolma

Traducións

Obras colectivas

  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Sada: Ediciós do Castro.[i]
  • Novo do trinque (1997). Bloque Nacionalista Galego. Relatos.[j]
  • Bestiario (1998). Edicións do Dragón.
  • A mandrágora, de Niccolò Machiavelli (1998). Laiovento. Con Francisco Pillado Mayor.[34]
  • Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón.
  • Narradoras (2000). Vigo: Xerais.
  • Longa lingua (2002). Vigo: Xerais.
  • "Máis alá das raíces" en Materia prima (2002). Vigo: Xerais. Relatos.[k]
  • Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney.
  • Narradio. 56 historias no ar. Vigo: Xerais / Radio Galega (2003). Libro-CD. Extensa antoloxía de relatos creados para o Diario Cultural.[l]
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). A Coruña: Espiral Maior.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006). A Coruña: Espiral Maior.
  • Do máis fondo do silencio saen voces (2006). Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008). Universidade da Coruña.
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). A Coruña: Espiral Maior.

Recoñecementos

Tumba de Luísa Villalta no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
Vídeos externos
Luísa Villalta: paixón e compromiso

Notas

  1. Crónica fotográfico-poética coa fotógrafa Maribel Longueira.
  2. Edición facsímile dun poemario inédito da escritora.
  3. Recolle Música reservada, Ruído, En concreto e a plaquette Rota ao interior do ollo.
  4. Estreada no Teatro Rosalía de Castro o 2 de outubro de 2004.
  5. Estreada no ano 2000, foi a única peza posta en escena en vida da autora.
  6. Estreada en 2004 a III escena. Estreada a obra completa en 2018.
  7. Ed. de Alexandrina Fernández Otero e Lino Braxe. Contén: "Concerto para un home só", "O representante", "O paseo das esfinxes", "Os doces anos da guerra", "As certezas de Ofelia" e "Manifesto por un novo teatro".
  8. Reeditado pola Editorial Galaxia en 2021 co ISBN 978-84-9151-750-4.
  9. Edición a cargo de Miguel Ríos Torre.
  10. Autores: Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Lois Diéguez, Xabier P. DoCampo, Manuel Forcadela, Bieito Iglesias, María do Carme Kruckenberg, Manuel María, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Miranda, Xosé Neira Vilas, Henrique Rabuñal, Manoel Riveiro Loureiro, Xoán Ignacio Taibo, Suso de Toro, Xulio López Valcárcel, Vítor Vaqueiro e Luísa Villalta.
  11. Os autores incluídos son: Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Anxo Angueira, Xurxo Borrazás, Xosé Carlos Caneiro, Xosé Cid Cabido, Bieito Iglesias, Ramón Loureiro, Xosé Miranda, Miguel-Anxo Murado, Xavier Queipo, Luís Rei Núñez, Antón Riveiro Coello, Xurxo Souto, Suso de Toro, Xesús Manuel Valcárcel e Luísa Villalta.
  12. (Maneiro 2013, pp. 141-142) sinala a importancia deste proxecto para a cultural galega. Colaboran: Xavier Alcalá, Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Alfonso Álvarez Cáccamo, Rosa Aneiros, Anxo Angueira, Vicente Araguas, Xurxo Borrazás, Darío Xohán Cabana, Marica Campo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Fina Casalderrey, Carlos Casares, Laura Caveiro, Alfredo Conde, Lois Diéguez, Francisco X. Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel Forcadela, Camilo Franco, Isabel Freire, Víctor F. Freixanes, Salvador García-Bodaño, Bieito Iglesias, Xavier Lama, Xulio López Valcárcel, Antón Lopo, Paco Martín, Carlos Mella, Xosé Miranda, Estro Montaña, Gonzalo Navaza, Xosé Neira Vilas, Isidro Novo, David Otero, Carmen Panero, Xosé Ramón Pena, Xosé Antonio Perozo, María Xosé Porteiro, Xabier P. DoCampo, Xavier Queipo, María Xosé Queizán, Xesús Rábade, Luís Rei Núñez, Antonio Reigosa, Antón Riveiro Coello, Gloria Sánchez, Manuel Seixas, Xurxo Souto, Anxo Tarrío, Suso de Toro, Xesús Manuel Valcárcel, Xosé Vázquez Pintor, Luísa Villalta e Helena Villar.
  13. "Celebrámoste desde ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo, dese pobo que foxe de si mesmo, dunha literatura, dunha lingua, no foro da cultura. Ti, na liberdade, da contra-ética do poder.".
Referencias
  1. Cerradelo, Silverio. "Luísa Villalta - Album de Galicia". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2024-01-31. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Pérez Pena, Marcos (29/06/2023). "O Día das Letras de 2024, para Luísa Villalta, a escritora e música que miraba o mundo a través da poesía". Praza. Consultado o 28/08/2023. 
  3. "Luísa Villalta será a autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2024". Nos Diario. 30/06/2023. Consultado o 28/08/2023. 
  4. Requeixo, Armando. "Introdución". Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004). p. 8. 
  5. Pastor Novo, Teresa (10 de xullo de 2023). "Luísa Villalta, alumna emérita do Eusebio da Guarda". La Opinión de A Coruña. p. 7. 
  6. "Luísa Villalta". A Coruña das Mulleres. 13/12/2019. Consultado o 30/5/2021. 
  7. "Luísa Villalta. Álbum de Mulleres". Cultura Galega. Consultado o 28/08/2023. 
  8. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada XLIV. El Progreso. 2004. p. 80. ISBN 84-87804-23-3. 
  9. "Dez anos sen Luísa Villalta". Nós Diario. Consultado o 30/5/2021. 
  10. "Un documental moi especial para lembrar a Luísa Villalta". Sermos Galiza. Consultado o 26/2/2019. 
  11. "Un nuevo caso de meningitis obliga a vacunar a docentes y alumnos de Sada". La Voz de Galicia (en castelán). 12/3/2004. Consultado o 29/6/2023. 
  12. "Falece na Coruña aos 46 anos a escritora e profesora Luísa Villalta". La Voz de Galicia. 6 de marzo de 2004. Consultado o 26/2/2019. 
  13. "A Coruña das mulleres". A Coruña das mulleres. Consultado o 28/08/2023. 
  14. Pereiro, Xosé Manuel, ed. (09/03/2004). "Luisa Villalta, poeta y violinista". El País. Consultado o 28/08/2023. 
  15. Redacción. "Os papeis de Luísa Villalta". Nós Diario. Consultado o 30/5/2021. 
  16. Mariño Davila 2024, p. 14 e 18.
  17. Villalta, Luísa (2002). "Apresados sen presa". AELG. 
  18. Villalta, Luísa (2002). "Estudo das sombras". AELG. 
  19. Villalta, Luísa (2002). "Modulación de Orfeu". AELG. 
  20. Administrador (10/5/2019). "Luísa Villalta: coa Cidade Alta (do Norte) tatuada nos ollos". Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Consultado o 30/5/2021. 
  21. Mariño Davila, Esperanza (Xullo, agosto, setembro 2023). "Ser (muller) no tempo". Grial LXI (239): 105. ISSN 0017-4181. 
  22. Villalta, Luísa (1999). "As certezas de Ofelia". Casahamlet: Revista de teatro (1): 36–47. ISSN 1888-2056. 
  23. "Presentación do libro "Luísa Villalta. Obra dramática completa"". AC Alexandre Bóveda. Arquivado dende o orixinal o 20/05/2024. Consultado o 30/5/2021. 
  24. "Teatro completo de Luisa Villalta". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-08-02. 
  25. "Edicións Laiovento - Teoría de xogos". Laiovento. Consultado o 30/5/2021. 
  26. "A Coruña: Luísa Villalta e as chaves do tempo Axenda cultural AELG". asociacionescritoras-es. Consultado o 30/5/2021. 
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 "Luísa Villalta". www.aelg.gal. Consultado o 2024-01-09. 
  28. Poética "Sobre un certo estado de conciencia"
  29. "Edicións Laiovento - O DON HAMLET DE CUNQUEIRO: UNHA ECUACIÓN TEATRAL". laiovento.gal. Consultado o 2024-05-10. 
  30. Ruso, Judith (outubro, novembro, decembro 2022). "Do oído ó corazón: un percorrido pola música e poesía galegas". Grial LX (236): 110–111. ISSN 0017-4181. 
  31. "Formas breves de pensamento". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-11-18. 
  32. García Vidal, Daniel (2009). Teatro galego e construción nacional: os Cadernos da Escola Dramática Galega (1978-1994) (PDF). Tese de doutoramento. Universidade de Birmingham. pp. 283–284. 
  33. "O son en que cada lingua se soltaServizo De Publicacións Da Universidade De Vigo - Editorial Tirant Lo Blanch". editorial.tirant.com. Consultado o 2024-09-28. 
  34. "Edicións Laiovento - A MANDRÁGORA". laiovento.gal. Consultado o 2024-01-09. 
  35. Premio "Luísa Villalta" a Iniciativas Normalizadoras
  36. Deputación da Coruña (30 de novembro de 2017). "I Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade". www.dacoruna.gal. Consultado o 9 de xaneiro de 2024. 
  37. Deputación da Coruña. "II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade". dacoruna.gal. Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 30/5/2021. 
  38. 38,0 38,1 38,2 "Dez anos sen Luísa Villalta". Baía Edicións. Consultado o 26/2/2019. 
  39. Redacción (1/3/2019). "Lembrar Luísa Villalta, poeta “de inequívoca pegada feminista”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 6/3/2019. Consultado o 5/32019. 
  40. Redacción (5/3/2022). "Luísa Villalta, a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras 2022". nosdiario.gal. Consultado o 6/3/2022. 
  41. "A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta". Real Academia Galega. 29/6/2023. 

Véxase tamén

Bibliografía

Para infanto-xuvenil
Grial

No nº 241 de Grial (xaneiro, febreiro, marzo 2024) publicouse "Luís Villalta. A Poeta da Cidade Alta", cos seguintes estudos:

  • Xesús Domínguez Dono: "Os ollos limpos da sibila"
  • Amando Requeixo: "Rota ao interior de Luís Villalta"
  • Tamara Andrés: "Un percorrido cíclico pola poesía vital de Luísa Villalta (1985-2004)"
  • Inma Otero Varela: "Luís Villalta, tamén narradora"
  • Alexandrina Fernández Otero: "O teatro en Luís Villalta: unha paixón desvelada"
  • Manuel Naveira Fuentes: "O canto das mús(ic)as"
  • César Morán: "Do pensamento musical e poético en Luísa Villalta"

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!