Ramón Ezequiel Vasco Pardavila, nado na Coruña en 1951 e finado na mesma cidade en 1983, foi un pintor e escultor galego.
Traxectoria
Mon Vasco estudou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, e en 1973 recibiu unha bolsa da Fundación Juan March, grazas á que puido viaxar por África.[1] En 1975 realizou a súa primeira exposición individual e ese mesmo ano fundou o grupo A Carón.[2]
Fundou en 1978[1] xunto con Xabier Correa Corredoira e Pepe Galán, entre outros, o grupo Galga. Formou ademais parte desde 1980[2] do Grupo Atlántica.[3]
Faleceu repentinamente por unha doenza cardíaca aos 32 anos.[1][2]
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas