Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.[1]
Estudou dereito en Valladolid e despois da guerra civil traballou cos alcaldes da Coruña Fernando Álvarez de Sotomayor e José Pérez-Ardá.
Accedeu á alcaldía o 13 de agosto de 1963 e cesou o 20 de decembro de 1965. Durante o seu mandato a cidade tivo unha época de grande expansión e grazas á súa iniciativa o 3 de xullo de 1964 constituíuse o Instituto José Cornide.[2] Foi procurador en Cortes (1961-1964).
Faleceu dous meses despois de deixar a alcaldía e o concello deulle o seu nome a unha rúa e a un colexio no barrio de Monte Alto. En 2010 a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña denunciou que estas honras debían ser retiradas conforme á Lei de memoria histórica.[3] En 2022, o colexio Sanjurjo de Carricarte pasou a denominarse Torre de Hércules.[4]
Foille concedida a Gran Cruz de la Orden del Mérito Militar, con distintivo branco en 1964[5]