Xulio Ferreiro

Modelo:BiografíaXulio Ferreiro

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Coruña
13 de xuño de 2015 – 15 de xuño de 2019
← Carlos NegreiraInés Rey →
Concelleiro da Coruña
13 de xuño de 2015 – 15 de xuño de 2019
Datos persoais
EducaciónUniversidade da Coruña - dereito (1992–1997)
Universidade da Coruña - dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo A Coruña Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, xuíz Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Partido políticoMarea Atlántica Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Facebook: xulioferreiro Twitter: XulioFerreiro Instagram: xulio.ferreiro LinkedIn: xulio-ferreiro-baamonde-5924b12a2 BNE: XX1709605 BUSC: ferreiro-baamonde-xulio Dialnet: 984843 Editar o valor en Wikidata

Xulio Xosé Ferreiro Baamonde, nado na Coruña o 18 de outubro de 1974, é un xuíz, profesor universitario e político galego. Foi o alcalde da cidade da Coruña entre 2015 e 2019. Actualmente é o decano da Facultade de Dereito da Coruña.

Traxectoria Profesional

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña (1997) e doutor pola mesma universidade coa tese La protección de la Víctima en el proceso penal. Foi maxistrado suplente da Audiencia Provincial de Lugo. É profesor titular de Dereito Procesual na Universidade da Coruña.

Tras realizar diversas estadías de investigación en Alemaña, os Estados Unidos (por dúas veces), Chile e Bélxica, culminou a súa carreira académica e profesional accedendo á praza de Profesor Titular de Universidade no ano 2012. Entre os anos 2012 e 2015 foi Maxistrado Suplente da Audiencia Provincial de Lugo, posto ao que renunciou para presentar a súa candidatura á Alcaldía da Coruña pola Marea Atlántica.

Traxectoria política

A súa traxectoria política comezouna como membro dos CAF, afiliado á CIG e militante do BNG até 2012.[1][2]

En 2015 encabezou a candidatura de Marea Atlántica á alcaldía da Coruña. Esta candidatura quedou en segundo posto nas eleccións locais do 25 de maio de 2015 por unha diferenza de 28 votos, por detrás da candidatura do Partido Popular, que encabezaba Carlos Negreira.[3] O 13 de xuño de 2015, Xulio Ferreiro foi investido alcalde da cidade cos apoios do PSdeG e o BNG.[4]

Marea Atlántica - Alcaldía da Coruña

Ademais da alcaldía, Ferreiro asumiu as áreas de Oficina Orzamentaria, Transparencia, Seguridade Cidadá, Seguridade Xurídica e Política Lingüística. Tamén se encargou de presidir desde entón a presidencia da Corporación Municipal.

Durante a campaña electoral, a Marea Atlántica promovera un texto de medidas urxentes para os seus primeiros cen días de goberno,[5] tras a súa investidura como alcalde, empezou a traballar de cara a poñelas en práctica; nesa orde, o 22 de xuño reuniuse en María Pita co grupo Salvemos Bens e anunciou a súa intención de cumprir o seu compromiso en campaña para paralizar o proxecto do museo da historia da automoción no parque de Bens, e crear unha liña de autobús que conectara a cidade co parque.[6] Esta foi a primeira gran decisión que tomou, e contou co rexeitamento por parte do PP,[7] quen criticaba que Ferreiro non se reunira con todas as partes implicadas antes de tomar a decisión e de poñer o proxecto do museo en perigo. O PSOE, outrora favorable á construción do museo en Bens, trocou a súa postura e manifestouse a favor dun cambio na situación pero procurando que o proxecto seguira na Coruña.

O 25 de xuño, Xulio Ferreiro reuniu 50 asociacións de veciños no salón de plenos para dialogar sobre a situación da cidade. O 26 de xuño, por primeira vez na historia, e coincidindo coa celebración do día do orgullo, despregouse no concello unha bandeira do arco da vella.[8]

Outra das decisións polémicas, tras a do museo, que se anunciaron eses días, foi a modificación do contido das festas da cidade; anuláronse precontratos con cantantes como Rosario (que finalmente si actuou[9]) ou Miguel Bosé[10][11], e tamén se suprimiron as axudas ao certame das casas rexionais que se celebraba todos os anos, aducindo os elevados custos que supuñan, e anunciou unha recondución do presuposto;[12][13] coma contrapartida fíxose un Noroeste Pop Rock máis longo e descentralizado en distintos escenarios.[14]

O 6 de xullo compareceu en rolda de prensa anunciando a solicitude dun crédito de 10 millóns de euros debido a un desfasamento derivado da actuación do goberno anterior.[15] O 14 de xullo anunciou o fin das subvencións municipais para a feira taurina que se celebraba na cidade[16] cumprindo así con outra das súas promesas electorais.

Benito Portela, Marta Lois, Antón Sánchez García, María García Gómez, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega en 2022.

Nas eleccións municipais de 2019 volveu ser o candidato do seu partido á alcaldía. Nesta ocasión, a Marea Atlántica foi a terceira forza máis votada no consistorio, pasando de 10 concelleiros a 6. O 29 de maio de 2019 anunciou a súa decisión de non continuar no concello e de non tomar posesión como concelleiro.[17]

En Marea

Ferreiro foi un dos impulsores de En Marea baseándose na súa experiencia na Marea Atlántica[18]. Se ben nun inicio foi un dos principais apoios ao liderado de Luís Villares en 2016[19] logo dun ano tiña amosado publicamente desacordo coas decisións que a dirección da fronte de partidos estaba a tomar[20].

Vida persoal

Está casado e ten dous fillos. A vida familiar de Ferreiro saltou temporalmente á palestra dos media españois cando, ao pouco de ser elixido alcalde e durante unha entrevista radiofónica en directo con Pepa Bueno, o rexedor foi interrompido polos seus propios fillos con berros e choros por mor do almorzo, queixas que puideron ser escoitadas por toda audiencia.[21][22][23]

Declarado seareiro e pequeno accionista do Deportivo da Coruña[24] é habitual a súa presenza na bancada de Riazor.[25][26]

Notas

  1. Henrique Mariño. Diario Público (15-05-2015). "Xulio Ferreiro: 'Agitar una bandera ya no une'" (en castelán). Consultado o 2017-06-04. 
  2. "El BNG, cantera de las mareas". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-03-15. Consultado o 2017-06-04. 
  3. La Voz de Galicia. "El PP gana las elecciones por 28 votos, pero el PSOE garantiza la investidura de Xulio Ferreiro". Consultado o 29/05/2015. 
  4. Europa Press (2015-06-13). "Xulio Ferreiro, nuevo alcalde de A Coruña". europapress.es (en castelán). Consultado o 2017-06-04. 
  5. "As 25 medidas "innegociables" da Marea para os 100 primeiros días de goberno na Coruña - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2017-06-04. 
  6. "No habrá museo en el parque de Bens". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-06-22. Consultado o 2017-06-04. 
  7. La Opinión de A Coruña. "El mandato estrena fricción entre oposición y alcalde". Consultado o 2017-06-04. 
  8. "Las Mareas izan la bandera gay en los consistorios de A Coruña, Santiago y Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 26-6-2015. Consultado o 4-6-2017. 
  9. Becerra, Javier (11-8-2015). "Rosario llega al fin a María Pita". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4-6-2017. 
  10. Javier Becerra (2015-07-11). "Renovación en las fiestas de agosto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-04. 
  11. "El alcalde inesperado de la marea que tomó el poder". El Español (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2017-06-04. 
  12. "Xulio Ferreiro: Haremos unas fiestas al nivel que se merece esta ciudad". Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña (en castelán). Consultado o 2017-06-04. 
  13. 20Minutos. "La Marea Atlántica reduce en un 65% el presupuesto de las fiestas de A Coruña y amplía a cinco días el Noroeste Pop Rock - 20minutos.es". 20minutos.es - Últimas Noticias. Consultado o 2017-06-04. 
  14. La Opinión de A Coruña. "El Noroeste Pop Rock pasará de dos a cinco días y se repartirá entre la playa y la ciudad". Consultado o 2017-06-04. 
  15. "El alcalde coruñés tiene que pedir un crédito para pagar los pufos del PP y evitar la intervención de la Xunta" (en castelán). Consultado o 2017-06-04. 
  16. "Xulio Ferreiro: "Hay más gente que se manifiesta contra los toros que en la plaza"". laSexta.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2015. Consultado o 2017-06-04.  Arquivado 14 de outubro de 2015 en Wayback Machine.
  17. "Xulio Ferreiro tira la toalla y deja María Pita". La Voz de Galicia. 30 de maio de 2019. 
  18. "Xulio Ferreiro apoia crear un “partido instrumental” arredor de En Marea". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 2017-06-19.  Arquivado 15 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  19. Europa Press (2016-08-05). "Xulio Ferreiro rechaza que la de Villares sea una candidatura de la “cúpula”". europapress.es (en castelán). Consultado o 2017-06-19. 
  20. Galicia Confidencial. "Xulio Ferreiro volve criticar o liderado de Luís Villares". Galicia Confidencial. Consultado o 2017-06-19. 
  21. Díez, Iván (2015-06-15). "“Perdona, Pepa. Tengo follón en casa”". Hoy por hoy (en castelán). Consultado o 2017-06-17. 
  22. "Los problemas mañaneros del alcalde de A Coruña: "Mis hijos no consiguen pactar"". El Huffington Post. Consultado o 2017-06-17. 
  23. 20Minutos. "Xulio Ferreiro, nuevo alcalde de A Coruña, entrevistado en la radio entre llantos de un niño - 20minutos.es". 20minutos.es - Últimas Noticias. Consultado o 2017-06-17. 
  24. "Declaración de bens do Alcalde" (PDF). Concello da Coruña. Consultado o 2017-06-17. 
  25. La Opinión de A Coruña. "El alcalde recoge su carné de socio deportivista tras las vacaciones en su asiento habitual de Maratón Inferior". Consultado o 2017-06-17. 
  26. D. G. - La Opinión A Coruña. "Xulio Ferreiro, de la grada al palco con Feijóo y Caballero". Consultado o 2017-06-17. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Predecesor:
Carlos Negreira
 
Alcalde da Coruña
 
2015 – 2019
Sucesor:
Inés Rey

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!