María García Gómez, nada na Coruña en 1978, é unha técnico e educadora mediomabiental e política galega.
Estudou Ciencias Medioambientais en León, Planificación e Desenvolvemento Local na Coruña e Medio Ambiente e Formación en Alemaña. Fala inglés, francés e alemán.
Traballou como educadora medioambiental en diversos programas, entre eles na planta municipal de tratamento de lixo de Nostián. Foi técnico municipal de Medio Ambiente en Carnota, onde xestionou o dispositivo de crise da marea negra do Prestige.
Durante oito anos en Alemaña participou en proxectos de desenvolvemento urbano sustentábel baseados na participación cidadá e a autoorganización. Desde o centro cultural da ufaFabrik (Best-Practice do programa Hábitat da ONU) desenvolveu proxectos europeos de transferencia do coñecemento con escolas de FP de Galiza, Alemaña, Portugal, Francia, Dinamarca e Letonia. Participou tamén en colectivos de defensa ambiental e de activismo cidadán.
Após as eleccións municipais de 2015 foi elixida Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Medio Ambiente e Mobilidade Sostible no Goberno Municipal formado pola Marea Atlántica.