Universidade de León

Universidade de León
«Universitas Legionensis»
Datos xerais
LocalizaciónLeón, Ponferrada
Datos actuais
ReitorJosé Ángel Hermida
Alumnos12.643
Datos de contacto
EnderezoAvda. de la Facultad de Veterinaria, 25
León, España
Páxina webwww.unileon.es
Facebook: unileon Twitter: unileon BNE: XX113991 Dialnet: 819058 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de León é unha universidade española de carácter público, con campus en León e Ponferrada.

Foi fundada en 1979 como escisión da Universidade de Oviedo, a partir das diversas Escolas e Facultades que, dependentes daquela, existían desde había máis ou menos tempo en León. Con todo, as orixes da universidade remóntanse a 1843, cando se crea a Escola Normal de Mestres, e 1852 coa fundación da escola subalterna de Veterinaria, sentando as bases da futura universidade leonesa.

Os últimos anos a universidade asinou importantes convenios de colaboración, entre os que destaca o asinado coa Universidade de Washington, que permitiu a instalación en León da segunda sede europea desta universidade para a aprendizaxe do español, con capacidade para 500 alumnos, e o asinado coa Universidade de Xiangtan, que propiciou a implantación na cidade do Instituto Confucio.

Centros docentes

  • Facultade de Ciencias Biolóxicas e Ambientais
  • Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte
  • Facultade de Ciencias do Traballo
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Educación
  • Facultade de Filosofía e Letras
  • Facultade de Veterinaria
  • Escola de Enxeñerías Industrial e Informática
  • Escola Superior e Técnica de Enxeñeiros de Minas
  • Escola Superior e Técnica de Enxeñería Agraria
  • Escola Universitaria de Ciencias da Saúde
  • Escola Universitaria de Traballo Social (Centro adscrito)
  • Escola Universitaria de Turismo de León (Centro adscrito)
  • Escola Universitaria de Turismo de Ponferrada (Centro adscrito)
Facultade de Filosofía e Letras

Reitores

  • Andrés Suárez y Suárez (1982–1984)
  • Miguel Cordero del Campillo (1984–1986)
  • Juan Manuel Nieto Nafría (1986–1990)
  • Julio César Santoyo Mediavilla (1990–2000)
  • Ángel Penas Merino (2000–2008)
  • Jose Ángel Hermida Alonso (2008–2016)
  • Juan Francisco García Marín (2016– )

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!