Provincia de Lugo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Lugo .
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833 . É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico , ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra , ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León , pertencente a Castela e León . A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo , sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos , seguida de Viveiro , Vilalba , Sarria , Ribadeo , Foz , Burela e Chantada [ 1] .
Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 327 946 habitantes en 2020 , tras A Coruña e Pontevedra .
Consta de 67 concellos , 11 comarcas e 9 partidos xudiciais , integrados por 1167 parroquias e 10 299 entidades de poboación.[ 2]
Xeografía
Lugo por Francisco Coello , 1864.
O mar Cantábrico en Burela .
O río Sil ó seu paso pola Ribeira Sacra lucense .
O Landro ó seu paso polo concello de Ourol .
O encoro de Belesar no concello do Saviñao .
Vista da praia das Catedrais , en Ribadeo
A croa do castro de Viladonga, en Castro de Rei , é un dos miles de castros que ten a provincia.
A provincia sitúase no nordeste de Galicia , e ocupa 9.856 km². Segundo o IGE [ 3] , no ano 2020 vivía unha poboación de 327 946 habitantes, cunha densidade de poboación duns 33,27 hab./km².
Limita ao norte co mar Cantábrico , ao oeste coa provincia da Coruña , ao sur coa provincia de Ourense , e ao leste, co Principado de Asturias e coa provincia de León .
A orixe da delimitación moderna parte do proxecto de prefecturas de Xosé I , na invasión napoleónica, que establecía a prefectura do Alto Miño , con cabeceira en Lugo e subprefecturas en Lugo, Mondoñedo e Viveiro.[ 2]
Rías
As rías da provincia de Lugo forman parte das Rías Altas . De oeste a leste son:
Illas
As illas máis importantes da costa lucense son, de oeste a leste:
Cabos
Entre os numerosos cabos e puntas que hai na provincia debido a súa costa irregular, destacan:
Ríos
O principal río que a percorre é o Miño , que tamén acada a provincia de Ourense e fai de linde entre a provincia de Pontevedra e Portugal , desembocando no océano Atlántico . Na cornixa cantábrica ten moitos pequenos ríos. O afluente do Miño é o Sil , que, doutra banda, cómpre dicir que resulta un atractivo turístico amais de polos canóns e a súa riqueza vinícola, tamén polo encadramento no que se atopa, a chamada Ribeira Sacra , que abrangue o sur da provincia de Lugo e mais o norte da de Ourense.
Río Miño , nace na serra de Meira e desemboca no océano Atlántico no límite galaico -portugués . Atravesa a provincia de norte a sur. A meirande parte da provincia pertence á súa cunca.
Río Sil , nace no Bierzo e desemboca no río Miño . Na maior parte do seu percorrido pola provincia fai de límite coa provincia de Ourense .
Río Landro , nace na serra do Xistral e desemboca na ría do Barqueiro .
Río Ouro , nace na serra do Xistral e desemboca no mar Cantábrico .
Río Masma , nace na serra da Toxiza e desemboca na ría de Foz .
Río Eo , nace en Baleira e desemboca na ría de Ribadeo . Foi declarado en 2007 , Reserva da Biosfera pola UNESCO .
Río Ladra , nace na Terra Chá e desemboca no río Miño .
Río Narla , nace nos montes do Corno de Boi e desemboca no río Miño .
Río Anllo , nace na serra do Xistral e desemboca no río Miño .
Río Lea , nace na serra do Monciro e desemboca no río Miño .
Río Neira , nace na serra do Portelo e desemboca no río Miño .
Río Navia , nace nos Ancares e desemboca en Navia (Asturias ).
Río Cabe , nace no Incio e desemboca no río Sil .
Río Lor , nace no Courel e desemboca no río Sil .
Encoros
Hai 28 encoros na provincia, entre os que destacan:
Encoro de Belesar , no río Miño ó seu paso polos concellos de Guntín , Páramo , Portomarín , Paradela , Taboada , Chantada e O Saviñao . Ten 655 hm³ de capacidade. é o maior de Galicia.
Encoro de Salime , no río Navia ó seu paso por Negueira de Muñiz . Ten 266 hm³ de capacidade.
Encoro de Santo Estevo , no río Sil ó seu paso polos concellos de Sober , Nogueira de Ramuín , Parada de Sil e A Teixeira . Ten 213 hm³ de capacidade.
Encoro dos Peares , no río Miño ó seu paso polos concellos do Saviñao , Chantada , Carballedo e Pantón . Ten 182 hm³ de capacidade.
Encoro de Vilasouto , no río Mao ó seu paso por Vilasouto , no concello do Incio . Ten 21 hm³ de capacidade.
Encoro de Sequeiros , no río Sil ó seu paso por Sequeiros , no concello de Quiroga . Ten 11 hm³ de capacidade.
Encoro de San Martiño , no río Sil ó seu paso polos concellos de Quiroga , Larouco , A Rúa de Valdeorras e Petín . Ten 10 hm³ de capacidade.
Encoro do Covo , no río Covo ó seu paso polo Castelo , no concello de Cervo . Ten 6 hm³ de capacidade.
Encoro de San Xoán , no concello de Guitiriz . Ten menos de 1 hm³ de capacidade.
Para unha lista completa, véxase Lista de encoros de Galicia .
Lagoas
Na provincia de Lugo hai varias lagoas situadas na Terra Chá :
Sistemas montañosos
Os sistemas montañosos máis importantes da provincia son:
Serra dos Ancares , facendo fronteira con León e Asturias , co pico da Pena Rubia (1.822 m) como altura raíña. Foi declarado en 2006 , Reserva da Biosfera pola UNESCO .
Serra do Courel , ó norte do río Sil , tamén en fronteira coa provincia de León , co monte Faro (1.606 m).
Serra do Xistral , entre a A Mariña de Lugo e a Terra Chá , co Cadramón (1.056 m) e O Xistral (1.032 m) como puntos máis altos.
Serra do Faro , co monte Cantelle (1.222 m) fronteira entre Lugo e Pontevedra .
Cova da Serpe , co pico do mesmo nome (841 m) entre Lugo e A Coruña .
Demografía
Concellos máis poboados
Comarcas e concellos da provincia de Lugo
Evolución
Gráfico da evolución da poboación da provincia dende 1900 ata 20 20:
Patrimonio
Zonas protexidas
Na provincia de Lugo hai varias zonas protexidas, aínda que non hai ningún parque nacional nin natural.
Economía
O 50% pertence a servizos, o 34% a primaria (agricultura, gandería, silvicultura e pesca), o 11% é a construción e o 5% a industria (incluída a enerxía).[Cómpre referencia ] [cando? ]
Comunicacións
Estradas
Ferrocarril
Na provincia de Lugo hai tres liñas de tren en funcionamento:
Transporte aéreo
Comarcas
Comarca
Capital
Concellos
Os Ancares
Becerreá
Becerreá , Baralla , Cervantes , Navia de Suarna , As Nogais , Pedrafita do Cebreiro
Chantada
Chantada
Carballedo , Chantada , Taboada
A Fonsagrada
A Fonsagrada
Baleira , A Fonsagrada , Negueira de Muñiz
Lugo
Lugo
Castroverde , O Corgo , Friol , Guntín , Lugo , Outeiro de Rei , Portomarín , Rábade
A Mariña Central
Mondoñedo
Alfoz , Burela , Foz , Lourenzá , Mondoñedo , O Valadouro
A Mariña Occidental
Viveiro
Cervo , Ourol , O Vicedo , Viveiro , Xove
A Mariña Oriental
Ribadeo
Barreiros , A Pontenova , Ribadeo , Trabada
Meira
Meira
Meira , Pol , Ribeira de Piquín , Riotorto
Quiroga
Quiroga
Folgoso do Courel , Quiroga , Ribas de Sil
Sarria
Sarria
O Incio , Láncara , Paradela , O Páramo , Samos , Sarria , Triacastela
Terra Chá
Vilalba
Abadín , Begonte , Castro de Rei , Cospeito , Guitiriz , Muras , A Pastoriza , Vilalba , Xermade
Terra de Lemos
Monforte de Lemos
Bóveda , Monforte de Lemos , Pantón , A Pobra do Brollón , O Saviñao , Sober
A Ulloa
Antas de Ulla
Antas de Ulla , Monterroso , Palas de Rei
Concellos
As comarcas da provincia de Lugo divídense en 67 concellos (Galicia ten 313).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas