Provincia de Soria

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Soria
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°40′N 2°40′O / 41.67, -2.67
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León Editar o valor en Wikidata
CapitalSoria Editar o valor en Wikidata
Concello183 Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación88.747 (2021) Editar o valor en Wikidata (8,61 hab./km²)
Xeografía
Superficie10.303 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMoncayo (2.313 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Jalón (750 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoDiputación Provincial de Soria Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal42 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-SO Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES417 Editar o valor en Wikidata
Código INE42 Editar o valor en Wikidata

Sitio webdipsoria.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575380

A provincia de Soria é unha provincia española da comunidade autónoma de Castela e León. É unha provincia periférica desta comunidade, situada no centro-norte de España. A súa capital é Soria.

Límites

Limita ao norte coa Rioxa, ao noroeste coa provincia de Burgos, ao sueste coa provincia de Segovia, estas dúas de Castela e León, ao sur coa provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha e ao leste coa provincia de Zaragoza, na comunidade autónoma de Aragón.

Esta provincia está dividida en 183 municipios, que se encadran nas seguintes comarcas:

Xeografía

O maior río que pasa pola provincia de Soria é o Douro, que de feito é un dos maiores de España. Dito río nace nesta provincia, nos Picos de Urbión. O resto dos ríos desta comunidade son afluentes do Douro e do Ebro.

Distínguense nesta provincia dúas comarcas xeográficas: comarcas: Tierra de Ágreda, que linda ao leste con Aragón, zona de hortas e bosques; e a Meseta Soriana, terra cerealística e remolacheira, na varxa do Douro. Tamén distínguese a zona norte, zona agreste rica en ignitas.

Demografía

Esta provincia tiña en 2002 91 487 habitantes, que reparten nunha superficie de 10 287 km², resultando unha das máis baixas densidades de poboación de Europa, e detrás mesmo da provincia de Teruel, a máis baixa de España: 9 habitantes por km².

A poboación está, ademais, repartida moi desigualmente: na capital de provincia vive o 40% da poboación, mentres que a maioría dos concellos non chega a ter 1000 veciños, e a metade ni sequera teñen 100 veciños.

Esta provincia posúe un plan de desenvolvemento propio, o PAES, plan aprobado polo consello de ministros do 6 de maio de 2005, que intenta sacar do atraso con respecto ao Estado a esta provincia.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!