Pantón
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Pantón .
Pantón é un concello da provincia de Lugo , pertencente á comarca de Terra de Lemos e á Ribeira Sacra . Segundo o padrón municipal (INE 2018 ) conta con 2.539 habitantes (1.232 homes e 1.307 mulleres), o que supón unha diminución en 26 habitantes en relación co ano anterior.
Demografía
Censo total
2.539 habitantes (2018)
Menores de 15 anos
152 (6 %)
Entre 15 e 64 anos
1.201 (47.30 %)
Maiores de 65 anos
1.186 (46.71 %)
Historia
A presenza romana no concello evidénciase no lugar das Augas Santas , cuxas augas termais foron empregadas dende aquela época. Un dos fitos máis significativos da historia de Pantón foi a implantación da vida monástica ó longo das marxes dos ríos Miño e Sil .
Patrimonio histórico e artístico
O concello de Pantón ten un gran número de monumentos, de diferentes épocas. Tanto castrexos, restos romanos e sendo o patrimonio máis salientable, o seu gran número de monumentos de arquitectura románica .
Restos castrexos:
O castro de Marce , chamado tamén castelo de Marce, sitúase nunha elevada montaña a 1 km da aldea de Marce, no alto do río Miño .
O castro de Amboade , situado na parroquia de Vilar de Ortelle .[ 1]
O castro de Vilar de Ortelle, situado na parroquia de Vilar de Ortelle .[ 1]
O castro de Amedo, situado na parroquia de Toiriz .[ 1]
O castro de San Cibrao, situado na parroquia de Toiriz .[ 1]
O castro de Guende, situado na parroquia de Cangas .[ 1]
O castro de Aúde, situado na parroquia de San Fiz de Cangas .[ 1]
O castro de Ferreira , situado na parroquia de Ferreira de Pantón .[ 1]
O castro de Guítara , situado na parroquia de Eiré .[ 1]
O castro de Santa Mariña, situado na parroquia de Eiré .[ 1]
O castro de Bornogueiras, situado na parroquia de Pantón .[ 1]
O castro de Vilaxilde, situado na parroquia de Espasantes .[ 1]
O castro da Xesteira, situado na parroquia de San Vicente de Castillón .[ 1]
O castro de Toldaos, situado na parroquia de Toldaos .[ 1]
O castro de Bazal, situado na parroquia de Pombeiro .[ 1]
O castro de Vilamirón, situado na parroquia de Pombeiro .[ 1]
O Castriño, no lugar de Vilamirón situado na parroquia de Pombeiro .
Restos da cultura megalítica :
Mámoa dos Cancelos, situada na parroquia de Vilar de Ortelle .
Mámoa de San Romao, denominada así por situarse moi próxima ó lugar de San Romao na parroquia de Vilar de Ortelle .
Mámoa de Paderne, situado na parroquia de Moreda .
Mámoa de Pombeiro, situada na parroquia de Pombeiro .
Mámoas do Castro de Guítara, situado na parroquia de Eiré .
Petróglifos :
Petróglifo Monte San Román I, situado na parroquia de Acedre .
Petróglifo Monte San Román II, situado na parroquia de Acedre .
Petróglifo Monte San Román III, situado na parroquia de Acedre .
Petróglifo Monte San Román IV, situado na parroquia de Acedre .
Petróglifo Monte San Román V, situado na parroquia de Acedre .
Petróglifo Monte San Román VI, situado na parroquia de Acedre .
Petróglifo Exento de San Román, situado na parroquia de Acedre .
Petróglifo exento de Pesqueiras, situado na parroquia de Atán.
Petróglifo Torre do Castro I, situado na parroquia de Espasantes .
Petróglifo Torre do Castro II, situado na parroquia de Espasantes .
Petróglifo da Cancelada I, situado na parroquia de Espasantes .
Petróglifo da Cancelada II, situado na parroquia de Espasantes .
Petróglifo da Cancelada III, situado na parroquia de Espasantes .
Pétroglifo Vilaxilde I, situado na parroquia de Espasantes .
Pétroglifo Vilaxilde II, situado na parroquia de Espasantes .
Petróglifo das Carrizas, situado na parroquia de Espasantes .
Pétroglifo Pena da Virxe, situado na parroquia de Vilar de Ortelle .
Pena da Cima da Costa, situado en Vilar de Ortelle .
Petróglifo A Escrita, situado na parroquia de Toldaos
Festas locais
Festival do Castro
Santo Cristo, en San Fiz de Cangas . Lévase a cabo o primeiro domingo de xullo.[ 2]
Festividade da Virxe das Neves, celébrase no Regueiro en Pombeiro , o 5 de agosto.[ 3]
Festividade da Virxe dos Ollos Grandes, celébrase en Augas Santas en Pantón , o segundo domingo de setembro.[ 3]
Deporte
Hai un equipo de fútbol no concello, o Ferreira Club de Fútbol , que milita na Segunda Galicia e xoga os seus partidos no campo do Baliño.
Galería de imaxes
Lugares de Pantón
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pantón vexa: Lugares de Pantón .
Parroquias
Notas
↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 Xunta de Galicia (12 de xullo de 1991). "Diario Oficial de Galicia". Diario Oficial de Galicia .
↑ "Concello de Panton" . concellodepanton.es . Consultado o 2017-02-08 .
↑ 3,0 3,1 "Concello de Pantón" .
Véxase tamén
Outros artigos