Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Mañente.
San Mamede de Mañente é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 93 habitantes, deles 46 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón un aumento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Xeografía
Limita coas parroquias de Pantón de Toldaos polo norte e Pantón e Vilamelle polo leste; e coas parroquias de Monforte de Lemos da Vide polo norte e Distriz polo leste e coas parroquias soberinas de Refoxo e Neiras polo sur.[2]
Lugares e parroquias
Lugares de Mañente
Parroquias de Pantón
Notas
Véxase tamén
Outros artigos