Comarca de Terra de Lemos

Modelo:Xeografía políticaComarca de Terra de Lemos
Imaxe
O Sil ó seu paso polo sur da comarca.

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°33′N 7°33′O / 42.55, -7.55
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación29.241 (2022) Editar o valor en Wikidata (31,09 hab./km²)
Xeografía
Superficie940,49 km² Editar o valor en Wikidata

Terra de Lemos[1] é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Xeografía

Situación

A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo. Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. Este val contrasta coas altas montañas sitas ó leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que serven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.

Orografía

Os principais sistemas montañosos sitúanse no leste, na Serra do Courel, entre Bóveda e O Saviñao, no suroeste de Pantón e no sur. Cabe destacar as seguintes montañas que superan os 1000m de altitude e están sitas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón:

  • Alto da Veneira (1.164 m)
  • Alto da Serra (1.137 m)
  • Chao das Lagas (1.060 m)
  • Alto da Chá (1.021 m)

Hidrografía

Os ríos da comarca pertencen ás cuncas hidrográficas dos dous ríos limítrofes da comarca e á súa vez os máis importantes, ás cuncas do Miño e do Sil. O río máis importante da comarca é o río Cabe, que nace no concello do Incio. Este río que desemboca no Sil era moi importante xa na época romana, cando se abastecían e sacaban ouro deste río. En Monforte consérvase a Ponte Vella sobre este río, un dos monumentos característicos da vila. Tamén son importantes os ríos Mao, principal afluente do Cabe, e o río Lor, que fai de fronteira entre as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, afluente do Sil.

Clima

O clima desta comarca é oceánico con tendencias continentais e fortes contrastes. Os invernos son longos, húmidos e con xeadas moderadas. As temperaturas chegan a valores por baixo dos -5º e as néboas están presentes regularmente. Os veráns son calorosos e secos, con noites frescas. No verán chéganse puntualmente a superar temperaturas máximas de 40º; e algunhas noites quedan preto dos 5º.

Demografía

O mosteiro de San Vicente do Pino dende o río Cabe, en Monforte de Lemos.
Casa do Concello de Ferreira de Pantón.

A poboación era, en 2020, de 29.780 habitantes[2] distribuídos así:

Concello Habitantes[3]
Monforte de Lemos 18.347
O Saviñao 3.634
Pantón 2.457
Sober 2.260
A Pobra do Brollón 1.632
Bóveda 1.450
Padrón municipal 2020 29.780 habitantes[2]
Menores de 15 anos 2.769 (9,30 %)
Entre 16 e 64 anos 16.602 (55,75 %)
Maiores de 65 anos 10.409 (34,95 %)

Localidades máis poboadas

No 2020 as entidades máis poboadas segundo o IGE eran[3]:

Infraestruturas de transporte

Na comarca de Terra de Lemos únense as estradas e liñas de ferrocarril procedentes da Coruña e Lugo, Ourense e Vigo, e Ponferrada, sendo un gran centro de comunicacións. A estación de ferrocarril de Monforte de Lemos é a máis importante da provincia.

Principais estradas

Está en proxecto a autovía A-76, que discorrerá paralela á N-120 e unirá Ourense con Ponferrada pasando por Monforte e dando acceso ao porto seco, actualmente en construción.

Ferrocarril

Na comarca conflúen dúas liñas de ferrocarril:

Hai 7 estacións na comarca: Monforte de Lemos (presta servizo para pasaxeiros de longo percorrido e media distancia, e mercancías), A Pobra do Brollón, Canaval, Areas, Santo Estevo do Sil e San Pedro do Sil (prestan servizo para pasaxeiros de media distancia) e Rubián (só para mercancías).

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Terra de Lemos

Notas

  1. "DOG 63 do 03/04/1997 - DECRETO 65/1997, do 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia.". www.xunta.gal. Consultado o 4 de novembro de 2023. TERRA DE LEMOS: comprende os concellos de: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra de Brollón (A), Saviñao (O), Sober. 
  2. 2,0 2,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Consultado o 2021-03-30. 
  3. 3,0 3,1 "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-03-30. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!