Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
O Ribeiro .
Comarca do RibeiroEstado España Comunidade autónoma Galicia Provincia provincia de Ourense
Contén a división administrativa Poboación 15.571 (2020) (38,27 hab./km² ) Xentilicio ribeiro Superficie 406,92 km²
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño , que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia , e a ela pertencen os concellos da Arnoia , Avión , Beade , Carballeda de Avia , Castrelo de Miño , Cenlle , Cortegada , Leiro , Melón e Ribadavia . Dálle nome ao viño do Ribeiro .
Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020 ).[ 1] Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia . O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira . Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión , ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
Demografía
Padrón municipal 2020
15.571 habitantes
Menores de 15 anos
1.170 (7,51 %)
Entre 16 e 64 anos
8.296 (53,28 %)
Maiores de 65 anos
6.105 (39,21 %)
Clima
O clima é de transición oceánico -mediterráneo , propicio para o cultivo do viñedo .
O Ribeiro na cultura popular galega
Refraneiro
Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro [ 2] .
Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño [ 3] .
O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro [ 4] .
O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos [ 4] .
O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro [ 4] .
O viño do Ribeiro non ten compañeiro [ 4] .
O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro [ 4] .
Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [ 4] .
Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia [ 4] .
Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [ 4] .
Cantigueiro
O Ribeiro é moi alegre/ polo tempo da vendima,/ que o veñen facer alegre/ as nenas de aló d’arriba.
Galería de imaxes
Notas
↑ "IGE - Información comarcal" . www.ige.eu . Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-30 .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. porco .
↑ Marcial Valladares Núñez (1884)'
↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), s. v. viño .
Véxase tamén
Bibliografía