Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Toldaos.
San Xoán de Toldaos é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 61 habitantes, deles 27 eran homes e 34 eran mulleres, o que supón un estancamento en relación ao ano anterior, 2006.
Toponimia
O topónimo ten a súa orixe no asentamento de poboación nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Toledo.[2]
Xeografía
Limita coas parroquias pantonesas de Moreda polo norte; Mañente polo sur e Pantón polo oeste. Tamén limita coa parroquia de Monforte de Lemos de A Vide polo leste.[3]
Lugares e parroquias
Lugares de Toldaos
Parroquias de Pantón
Notas
Véxase tamén
Outros artigos