Santiago de Vilar de Ortelle é unha das 26 parroquias do concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. Segundo o IGE en 2011 tiña 90 habitantes (43 mulleres e 47 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.
Xeografía
Linda polo norte coas parroquias de Ribeiras de Miño, A Cova e Fión, polo sur con Atán, polo nacente con Eiré e Castillón, e polo oeste co río Miño.
A parroquia componse de tres áreas xeográficas: unha de ribeira, outra de montaña e outra intermedia.
Galería de imaxes
-
Panteón da Vila, no camposanto parroquial.
-
O cruceiro de Vilar de Ortelle.
-
Interior da igrexa parroquial.
Lugares e parroquias
Lugares de Vilar de Ortelle
Parroquias de Pantón
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos