Fernando Casado Arambillet, nado na Coruña o 20 de setembro de 1917 e finado en Madrid o 9 de marzo de 1994, foi un actor galego, coñecido artisticamente como Fernando Rey. Era o actor preferido de Luis Buñuel e talvez o máis internacional dos actores españois. Para o seu nome artístico mantivo o seu nome, mais adoptou o segundo apelido de súa nai, Sara Arambillet Rey.
Traxectoria
En 1936 comezou a súa carreira como actor facendo de figurante e foi entón cando escolleu o seu nome artístico. Durante a guerra civil loitou no bando republicano, ao igual que seu pai, o coronel e axudante de Manuel Azaña, Fernando Casado Veiga, que chegou a ser nomeado Inspector Xeral de Artillaría. Finalizada a contenda, pai e fillo foron feitos prisioneiros, sendo Fernando internado no campo de detención improvisado no estadio de Mestalla (Valencia). Mentres que o seu pai permaneceu encarcerado durante anos, Fernando conseguiu escapar de Mestalla, subir a un tren de mercadorías e chegar a Madrid.[1]
Contra 1940 iniciouse como actor de dobraxe despois de ler un anuncio no que se buscaba unha nova voz para o novo actor Tyrone Power. A súa voz, considerada intensa e persoal foi tamén unha das primeiras que se empregaron en castelán para dobrar a Laurence Olivier, que chegou a felicitalo pola súa dobraxe do filme Hamlet (1948). Tras participar como extra en varios filmes tivo o seu primeiro papel con diálogo en 1944 no filme Eugenia de Montijo, de José López Rubio, protagonizada por Amparo Rivelles. En 1948 deu vida a Filipe o Fermoso en Locura de amor, melodrama sobre Xoana a Tola dirixido por Juan de Orduña que foi un rotundo éxito. No filme traballou xunto a Aurora Bautista e a debutante Sara Montiel.
Foi nas décadas de 1960 e 1970 cando se fixo internacionalmente famoso da man de Luis Buñuel, encarnando entre outros a Don Lope en Tristana, nomeada ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1970 ou a Rafael Dacosta en O discreto engado da burguesía, que gañou dito Óscar en 1972. Tras estes papeis fíxose familiar para o público global cando interpretou o capo da droga Alain Charnier, enfrontado ao policía Gene Hackman, en The French Connection (1971), de William Friedkin, thriller cun grande éxito de público que gañou cinco premios Óscar. Inicialmente, Friedkin quería a Francisco Rabal como Charnier, mais non coñecía o seu nome e Rey foi contratado por erro antes de que o director o vise. Aínda que Rey non falaba francés cando Friedkin soubo que Rabal non falaba inglés nin francés decidiu manter a Rey no elenco.
Co paso dos anos incrementou a súa presenza en series e telefilmes. En 1982 participou na serie A.D. Anno Domini, coprodución angloitaliana sobre os primeiros anos do cristianismo que contou con intérpretes como Ava Gardner, Susan Sarandon, Jack Warner ou Ian McShane, e en 1985 tivo un papel no telefilme de tema medieval Black Arrow, produción da Disney protagonizada por Donald Pleasence e Oliver Reed. Un dos seus últimos grandes papeis foi El Quijote de Miguel de Cervantes, adaptación dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón para Televisión Española, que alcanzou un notable éxito e lle supuxo un grande esforzo moral, mental e físico. A súa última aparición cinematográfica foi no filme de Jaime de Armiñán Al otro lado del túnel.[2]
Foi presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España dende 1992 ata a súa morte vítima dun cancro en 1994.[3]
Premios e honores
Entre outros galardóns, Fernando Rey foi premiado nos festivais de cine de Cannes (do que foi membro do xurado en 1975) ou Donostia e gañou o Goya á mellor interpretación masculina protagonista en 1988. Recibiu a medalla Castelao en 1989, o Premio Nacional de Cinematografía en 1990 e a medalla de ouro da Academia en 1991.
En 1992 o concello da Coruña bautizou unha rúa co seu nome.[7]
Filmografía (selección)
- Don Quijote de la Mancha (Rafael Gil, 1947)
- Les Derniers Jours de Pompéi (Gli Ultimi giorni di Pompei; Mario Bonnard e Sergio Leone, 1961)
- Viridiana (Luis Buñuel, 1961)
- Shéhérazade (Pierre Gaspard-Huit, 1962)
- Fin de semana (Pedro Lazaga, 1963)
- Escape libre (Jean Becker, 1964)
- Badaladas a medianoite; (Orson Welles, 1965)
- Le Vicomte règle ses comptes (Maurice Cloche, 1966)
- Une histoire immortelle (The immortal Story; Orson Welles, 1967)
- Companeros (Vamos a matar, compañeros; Sergio Corbucci, 1970)
- La Cólera del viento (Mario Camus, 1970)
- Tristana (Luis Buñuel, 1970)
- A Town Called Hell (Robert Parrish , 1971)
- The French Connection (William Friedkin, 1971)
- O discreto engado da burguesía (Luis Buñuel, 1972)
- La Chute d'un corps (Michel Polac, 1973)
- Dites-le avec des fleurs (Pierre Grimblat, 1974)
- French Connection 2 (John Frankenheimer, 1975)
- Il Deserto dei Tartari (Valerio Zurlini, 1976)
- Cet obscur objet du désir (Luis Buñuel, 1977)
- Elisa, vida mía (Carlos Saura, 1977)
- Le Dernier amant romantique (Just Jaeckin, 1978)
- Quintet (Robert Altman, 1979)
- Un amour interdit (Jean-Pierre Dougnac, 1983)
- El Caballero del dragón (Fernando Colomo, 1985)
- Mi general (Jaime de Armiñán, 1987)
- L’Atlantide (Bob Swaim, 1991)
- 1492: Conquest of Paradise (Ridley Scott, 1992)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
1984 | | |
---|
1985 | |
---|
1986 | |
---|
1987 | |
---|
1988 | |
---|
1989 | |
---|
1990 | |
---|
1991 | |
---|
1992 | |
---|
1993 | |
---|
1994 | |
---|
1995 | |
---|
1996 | |
---|
1997 | |
---|
1998 | |
---|
1999 | |
---|
2000 | |
---|
2001 | |
---|
2002 | |
---|
2003 | |
---|
2004 | |
---|
2005 | |
---|
2006 | |
---|
2007 | |
---|
2008 | |
---|
2009 | |
---|
2010 | |
---|
2011 | |
---|
2012 | |
---|
2013 | |
---|
2014 | |
---|
2015 | |
---|
2016 | |
---|
2017 | |
---|
2018 | |
---|
2019 | |
---|
2020 | |
---|
2021 | |
---|
2022 | |
---|
2023 | |
---|
2024 | |
---|