Ramiro Isla Couto , nado en Arnois (A Estrada ) o 8 de marzo de 1896 e finado en Vigo o 5 de decembro de 1987 , foi un empresario e dinamizador cultural da emigración galega .
Traxectoria
Emigrou en 1911 a Buenos Aires , onde estudou na Escola de Comercio, e traballou cun tío seu en diversos negocios. Nesa primeira mocidade na Arxentina ingresou na Asociación Cultural Terra , de ideario galeguista .
En 1919 regresou a España , onde participou na Guerra Hispano-marroquí . Neses anos trabou contacto con outros mozos esquerdistas e galeguistas, como Xaime Quintanilla Martínez e Luís Porteiro Garea . Ingresou na Irmandade Nazonalista Galega de Vicente Risco e nas Irmandades da Fala , e en 1923 volveu a Buenos Aires . Alí fundou con Eduardo Blanco Amor a revista Terra , a primeira publicación integramente en galego da emigración. Na Arxentina converteuse en dinamizador cultural do galeguismo, creando asociacións, colaborando en Céltiga e no periódico A Fouce , e recadando fondos para o Seminario de Estudos Galegos . Tamén en Buenos Aires coñeceu a Manuel Antonio , que paraba no porto bonaerense na súa navegación.
Integrantes e colaboradores de Terra .
En 1931 regresou a Galicia e nese mesmo ano participou na fundación do Partido Galeguista , onde ocupou unha cadeira no seu Consello Nacional en representación da emigración. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colleuno en Verín : foi detido o 29 de decembro e encarcerado primeiro na vila do Támega,[ 1] o 27 de marzo de 1937 foi trasladado a Vigo e posto en liberdade sen cargos o 2 de abril.
Pasou ao Porto e con Ramón Obella Vidal , e en contacto con Rodolfo Prada e os nacionalistas galegos da Arxentina, mantiveron unha rede de evasión dende mediados de 1937 até finais de 1938 empregando como pantalla o Instituto bioquímico Miguel Servet, que permitiu a moitos republicanos galegos fuxir de Galicia e pasar ao bando leal.[ 2]
Exiliouse a Francia , onde actuou como delegado das Sociedades Hispanas Confederadas , e máis tarde a Cuba e a México , arrivando a Veracruz o 19 de outubro de 1939 no buque Colonial .[ 3] Nese país fundou con Carlos Velo e Arturo Souto a revista Saudade , e despois marchou a Venezuela , Colombia e de novo Venezuela . A partir de 1956 volveu definitivamente a Galicia , onde se dedicou a distintas tarefas de recuperación cultural no grupo Galaxia, con xente como o seu irmán Xaime Isla Couto ou Ramón Piñeiro .
Obra
A semente caía en terra propicia: cartas ao meu benquerido irmán Xaime (2022). Fundación Isla Couto. 208 páxs.[ 4]
Recoñecementos
Recibiu a Medalla Castelao en 1986 .
Vida persoal
Casou en Buenos Aires con Inmaculada Concepción (Chita) Lamas Barreiro , filla do agrarista Francisco Lamas Salgado e irmá do pintor Francisco Lamas Barreiro , o 20 de abril de 1929.[ 5] [ 6]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024