Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética en galego e alemán.
Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Xermánica. Casou con Ramón Lorenzo en 1968 e dende 1977 reside en Galicia. Foi lectora de alemán na Universidade de Valladolid entre 1973 e 1977 e, posteriormente, catedrática de ensino medio de inglés e alemán. Dende que abandonou o ensino en 1978 adícase en exclusiva á creación literaria e á tradución, colaborando na radio (en particular na Radio Galega), na prensa (en El Correo Gallego e Galicia Hoxe) e en revistas literarias.
A súa obra literaria caracterízase por tratar de maneira directa temas e xéneros marxinais e infrecuentes na literatura galega como o que ocupa os seus libros de madurez: a depresión, o erotismo feminino na vellez. Tal como salienta Ramón Nicolás: "é un trazo singular da súa obra literaria, diante de asuntos considerados tabús en boa medida para tratalos literariamente coa solvencia que exhibe unha narradora contrastada e de inequívoca solidez".[1]
Obra
Narrativa
O soño perdido de Elvira M. (1982). Xerais. Novela. Traducido ao asturiano en 2001.[2]
Drei deutschsprachige Dichterinnen/Trei poete de limba germana, Münich 1999 (antoloxía de tres poetas alemás: Heinze, Ursula Haas e Carla Kraus; bilingüe alemán/romanés)
Credo, (bilingüe alemán/galego), 1999
Laubnacht, 2000
Sommeruntergang), 2000
Spanische Wand, 2000
Nachtbläue, 2001
Ambra (bilingüe alemán/galego), 2001
Atlantisches Tief, 2001
Schilfgang, 2002
Torso (bilingüe alemán/galego), 2002
Im Winde gekleidet, 2002
Schattenblätter/Hojas de Sombras (bilingüe alemán/castelán), 2002
↑Requeixo, Armando (Outubro, novembro, decembro 2020). "As mulleres que derrubaron o tiranoCartografías do eu". Revista Grial. LVIII: 99–101. ISSN0017-4181.