En 1960 conseguiu o seu título e ano e medio despois estableceu o seu estudio na Coruña, compaxinando o labor co desempeño de traballos municipais.[6] Un dos seus primeiros traballos na cidade herculina foi a reforma da capela da Compañía de María en 1962, seguindo as orientacións do Concilio Vaticano II logrou un espazo sobrio pero cun coidadoso emprego da luz.[7] Entre as súas obras destacan o local social de pescadores de Fisterra, a fonte de Catro Camiños e a Torre Dourada, primeiro rañaceos coruñés, na rúa de Juan Flórez.[8][3] Como xefa da sección técnica do concello, realizou a xestión do chan para a construción de polígonos como o de Elviña e o Barrio das Flores ou para o establecemento da refinaría.[6] Tamén realizou diferentes obras en Betanzos.[9]
Foi catedrática da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña.[3]
Recoñecementos
En 2005 foi condecorada coa Medalla Castelao.[10][11] En 2012 o concello da Coruña realizoulle unha homenaxe.[12] En 2014 o Proxecto MAGA, Mulleres Arquitectas de Galicia, rendeulle unha homenaxe na Escola técnica superior de Arquitectura da Coruña.[13]
↑ 3,03,13,23,3Proyecto de Investigación Mujeres Arquitectas de Galicia. "Milagros Rey Hombre 1930-2014"(PDF). Universidade da Coruña. Proyecto MAGA. Arquivado(PDF) dende o orixinal o 7 de xuño de 2022. Consultado o 23 de maio de 2019.(en castelán)