Santiago Ramón y Cajal

Modelo:BiografíaSantiago Ramón y Cajal

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Santiago Felipe Ramón y Cajal Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de maio de 1852 Editar o valor en Wikidata
Petilla de Aragón, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de outubro de 1934 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
Senador de España
1908 – 1923
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1907 – 1934
Presidente Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas
1907 – 1934
← sen valor – Ignacio Bolívar y Urrutia →
Catedrático de universidade Universidade de Valencia
1887 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLarrés (en) Traducir (1854–)
Petilla de Aragón (1852–1854)
Zaragoza
Madrid Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Medicina da Universidade de Zaragoza - medicina (1870–1873)
Universidade Central
Colegio Escuelas Pías of Jaca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tese académicaPatogenia de la inflamación: discurso para los ejercicios del grado de Doctor de Santiago Ramón y Cajal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1877 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseAureliano Maestre de San Juan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoloxía e Lippmann plate (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, patólogo, anatomista, político, fotógrafo, químico, catedrático, neurólogo, ensaísta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Central (1892–)
Universidade de Barcelona (1887–1892)
Universidade de Valencia (1884–1887) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresFlorencio Ballarín Causada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJosep Pujol i Capsada, Fernando de Castro Rodríguez (pt) Traducir, Nicolás Achúcarro y Lund, Luis Sagaz Zubelzu e Jorge Francisco Tello (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoBlas Cabrera Felipe Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSilveria Fañanás (1879–1930) Editar o valor en Wikidata
PaisJusto Ramón Casasús Editar o valor en Wikidata  e Antonia Cajal Amigas Editar o valor en Wikidata
IrmánsPedro Ramón y Cajal Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Ramón y Cajal (Santiago), p.369-370)
Hombres y documentos de la filosofía española: volumen 6 (pt) Traducir, (sec:Ramón y Cajal, Santiago, p.686–696) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1719715 Musicbrainz: 734f0310-87c2-4a81-8534-3626fbe1a1eb WikiTree: Ramón_y_Cajal-1 Find a Grave: 7228993 Editar o valor en Wikidata

Santiago Ramón y Cajal, nado en Petilla de Aragón (Navarra) o 1 de maio de 1852 e finado en Madrid o 17 de outubro de 1934, foi un médico español, especialista en histoloxía e anatomía patolóxica, autor da teoría neuronal pola cal foi distinguido co Premio Nobel de Medicina no ano 1906.[1] Era irmán de Pedro Ramón y Cajal, tamén un importante histopatólogo.

Traxectoria

Naceu en 1852 en Petilla de Aragón, un enclave navarro na provincia de Zaragoza onde residiu até os dous anos.[2] Tivo unha infancia itinerante debido ó traballo do seu pai, Justo Ramón Casarús, que era médico e cirurxián. Viviu en varias poboacións navarras, como son Larrés, á que se mudou no ano 1854; Luna, no ano 1855; Valpalma, en 1856; e Ayerbe, na provincia de Huesca, cara 1860. Será neste último lugar onde comeza a vocación pictórica de Santiago.

En 1861, á idade de nove anos, comeza os seus estudos primarios nos Escolapios de Jaca, Huesca. Tres anos despois trasládase a Huesca para iniciar o Bacharelato. Nestes anos non demostra a súa xenialidade como estudante, na primaria debido ás súas múltiples confrontacións cos frades, e posteriormente por influencia do clima de axitación social que se vivía en España, pois o desterro de Isabel II e o alzamento da Primeira República coinciden xusto cando estaba a rematar os seus estudos de Bacharelato.

Universidade e comezo da súa investigación

En 1869 comezou os estudos de preparación para a Facultade de Medicina de Zaragoza, na que entrará un ano máis tarde, á vez que toda a súa familia se traslada á capital con el. Xa comezou entón a destacar e foi nomeado Axudante de Disección na súa facultade.

Licenciouse á idade de 21 anos e pouco despois foi chamado a filas, e destinado á provincia de Lleida, entrando a formar parte do Corpo de Sanidade Militar como segundo médico. Un ano máis tarde foi destinado a Cuba, pero ó caer enfermo primeiro de paludismo, e máis tarde de disentería, tivo que regresar a España no ano 1875.

Este ano marcou o comezo da súa tese de doutoramento, ó mesmo tempo que foi nomeado axudante interino no Hospital Nuestra Señora de Gracia de Zaragoza. Foi neste tempo cando mercou o seu primeiro microscopio coa intención de crear un laboratorio de histoloxía en Zaragoza. Así, comeza a súa vocación científica.

No ano 1877 acada o título de Doutor en Medicina, e no ano seguinte se presenta ás súas primeiras oposicións, pero pouco despois cae enfermo de tuberculose. A convalecencia desta enfermidade a pasará en Panticosa e máis en San Juan de la Peña. Afortunadamente recupérase bastante rápido da súa enfermidade e no ano seguinte consegue a praza de Director de Museos Anatómicos de Zaragoza. Tamén en 1877 atópase documentado o seu ingreso na loxa masónica Caballeros de la Noche, pertencente ao Gran Oriente Lusitano, co número de membro 96 e o nome simbólico de Averroes, o médico andalusí.[3]

Será tamén en 1879 cando teña lugar un momento moi importante para a vida persoal de Santiago Ramón y Cajal, o seu enlace con Silveria Fañanás, coa que terá seis fillos, o primeiro dos cales, unha nena chamada Fe, nace o ano seguinte, coincidindo coa publicación dos seus primeiros traballos.

En 1883 atinxe por oposición unha praza de Catedrático en Valencia e nace o seu segundo fillo, Santiago. En 1884 trasladouse a esta cidade, onde naceu a súa filla Enriqueta.

En 1885 e 1886 nacen, respectivamente, os seus fillos Paula e Jorge. É entón cando ten lugar en Valencia unha epidemia de cólera que será estudada e informada por Ramón y Cajal. A Deputación Provincial de Zaragoza agasállao cun novo microscopio e Santiago comeza cos traballos histolóxicos sobre o sistema nervioso central que máis adiante o levarán a acadar o Premio Nobel. Ó mesmo tempo prepara a publicación do seu Manual de Histoloxía.

En 1887 trasládase coa súa familia a Barcelona como Catedrático de Histoloxía Normal e Patolóxica.

O ano 1888 foi descrito polo propio Cajal como “o meu ano cumio”, xa que foi entón cando enunciou a teoría neuronal, o máis importante dos seus descubrimentos. Ademais comezou os seus estudos sobre o método de conexión entre células nerviosas e desenvolveu unha serie de tinguiduras propias específicas do sistema nervioso, que melloraban as do propio Golgi

En 1889 presenta os seus descubrimentos á Sociedade Anatómica Alemá nunha reunión celebrada en Berlín. Neste tempo comeza a publicar a Revista Trimestral de Histoloxía Normal e Patolóxica e incrementa os seus contactos con revistas internacionais, acadando recoñecemento a nivel mundial.

Nace o seu sexto fillo, Pilar, no ano 1890, e no ano seguinte a familia Ramón y Cajal pasará por un momento moi duro, a morte da súa filla Enriqueta ós sete anos de idade.

En 1892 nace o sétimo e último fillo, Luís, e neste mesmo ano trasládanse a Madrid, onde Santiago Ramón y Cajal atinxe un posto de Catedrático na Universidade Central de Madrid. Dous anos máis tarde e investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Cambridge.

Madurez e últimos anos. Éxito a nivel internacional

A partir de 1895 comeza a recibir numerosos premios e títulos honoríficos: Doutor Honoris Causa polas Universidades de Cambridge, Boston e Harvard no ano 1899; o Premio Internacional de Moscova en París no ano 1900; ou a Medalla de Ouro de Helmholtz, outorgada pola Academia Imperial de Ciencias de Berlín, (1905), que significou moito para Cajal por ser un dos premios máis prestixiosos da época.

Ademais a súa obra será moi prolífica. En 1897 publica o primeiro dos sete fascículos cos que contará a súa obra cumio, Textura do sistema nervioso do home e os vertebrados. Os demais serán publicados nos anos 1898, o mesmo no que morre a súa nai; 1899; 1900; 1901; 1902 e 1904. No ano 1901 publica a revista Traballos do Laboratorio de Investigacións Biolóxicas e o libro Recordos da miña vida. Infancia e xuventude; e no ano seguinte publica A psicoloxía dos artistas.

No ano 1900 foi nomeado director do Instituto Nacional de Hixiene Afonso XII até 1920, e no ano seguinte créase o Laboratorio de Investigacións Biolóxicas, no que se asentará a Escola Histolóxica Española, da cal foi mentor o propio Cajal.

Será o 10 de decembro de 1906 cando reciba o premio Nobel de Medicina de mans do rei Óscar II de Suecia na Real Academia da Música de Estocolmo. Comparte este premio con Camillo Golgi, creador do método de tinción que foi usado tantos anos por Ramón y Cajal.

Morre o 17 de outubro de 1934 en Madrid, o mesmo ano en que sae publicada a súa obra O mundo visto ós oitenta anos. Impresións dun arteriosclerótico.

Postura social

Sábese da súa sinatura a favor dos folguistas de Cullera contra a guerra.[4]

Teoría neuronal

Ramón y Cajal no seu laboratorio.

Santiago Ramón y Cajal pode ser considerado en certo modo como o pai da neurobioloxía moderna.[5]

Cando comezou os seus estudos neurohistolóxicos, a comunidade científica consideraba como válida a teoría reticular de Gerlach, que tamén foi defendida por Golgi. Ademais, na década de 1830 fora publicada a teoría celular de Schleiden e Schwann, que definía a célula como a unidade fundamental da vida, coa excepción do cerebro, que se consideraba que funcionaba como un todo indivisible.

Cajal creou e mellorou diversas tinguiduras específicas para o sistema nervioso. Grazas a estes avances técnicos puido concluír os seus estudos e postular a súa teoría neuronal, que máis tarde o faría gañador do Nobel de Medicina de 1906. Esta teoría baséase en que a unidade morfofuncional do sistema nervioso é a neurona, rexeitando así a teoría da continuidade en favor da hipótese da contigüidade, que foi ratificada co descubrimento da sinapse. Estes principios teóricos foron confirmados experimentalmente en 1920, cando se demostrou que actividade eléctrica neuronal ten unha base química. Ademais, a teoría de Cajal contempla o cerebro como un sistema dinámico, introducindo termos como plasticidade neuronal ou rexeneración das células nerviosas e das súas prolongacións. Cajal anticipou a rexeneración neuronal, algo que non foi aceptado até fai moi pouco tempo, e demostrou dende o principio que as fibras que aparecían no cabo do nervio seccionado se orixinaban pola proliferación de fibras nerviosas ou axóns do cabo central. Estudou dexeneración neuronal grazas ó desenvolvemento do método do nitrato de prata reducido.

A teoría neuronal moi importante para o desenvolvemento das ramas neurocientíficas da medicina, bioloxía etc. Pero tamén foi a responsable da extensión da teoría celular.

Obra

Científicos

  • Reglas y consejos sobre la investigación biológica 1893 (discurso lido con ocasión da recepción do autor na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, o 5 de decembro de 1897).
  • Histologie du système nerveux de l'homme et des vertébrés 1910-1911 (tradución do doutor L. Azoulay, con ampliación da obra orixinal, con 925 gravados orixinais, en negro e en cor).
  • La fotografía de los colores: Fundamentos científicos y reglas prácticas 1912.
  • Estudios sobre la degeneración y regeneración del sistema nervioso 1913-1914.
  • Manual técnico de anatomía patológica 1918 (en colaboración co doutor Tello).

Memorias

  • Recuerdos de mi vida 1901-1917
    • Tomo I. Mi infancia y juventud
    • Tomo II. Historia de mi labor científica
  • Charlas de café. Pensamientos, anécdotas y confidencias 1923
    • Houbo tres versións: Chácharas de café. Pensamientos, anécdotas y confidencias (1920); Charlas de café. Pensamientos, anécdotas y confidencias (1923); e Charlas de café. Pensamientos, anécdotas y confidencias (1932). Reeditouse en 1956 co título Charlas de café.

Artigos e monografías

  • Investigaciones experimentales sobre la génesis inflamatoria, 1880.

1880

  • Observaciones microscópicas sobre las terminaciones nerviosas en los músculos voluntarios de la rana 1881.
  • Estudios sobre el microbio vírgula del cólera 1885.
  • Contribución al estudio de las formas involutivas y monstruosas del comabacilo de Koch 1885
  • Contribution a l' étude des cellules anastomosées des építhéliums pavimenteux stratifies, 1886
  • Estrutura de las fibras del cristalino 1886
  • Tejido óseo y coloración de los cortes de hueso 1887
    • I. Textura de la fibra muscular de los mamíferos
    • II. Fibra muscular del ala de los insectos
    • III. Músculos de las patas de los insectos
  • Sobre los conductos plasmáticos del cartílago hialino 1887
  • Observations sur la texture des fibres musculaíres des pattes et des ailes des insects 1888
  • Estrutura de los centros nerviosos de las aves 1888
  • Morfología y conexiones de los elementos de la retina de las aves 1888
  • Terminaciones nerviosas de los husos musculares de la rana 1888
  • Textura de la fibra muscular del corazón 1888
  • Sobre las fibras nerviosas de la capa molecular del cerebelo 1888
  • Estructura de la retina de las aves (continuación) 1888.
  • Nota sobre la estructura de los tubos nerviosos del órgano cerebral eléctrico del torpedo 1888
  • Estructura del cerebelo 1888
  • Coloración por el método de Golgi de los centros nerviosos de los embriones de pollo 1889
  • Nota preventiva sobre la estructura de la médula embrionaria 1889.
  • Dolores del parto considerablemente atenuados por la sugestión hipnótica 1889
  • Estructura del lóbulo óptico de las aves y origen de los nervios ópticos 1889
  • Contribución al estudio de la estructura de la médula espinal 1889
  • Sobre las fibras nerviosas de la capa granulosa del cerebelo 1889
  • Conservación de las preparaciones de microbios por desecación 1889
  • Sur l'origine et la direction des prolongations nerveuses de la couche moléculaire du cervelet 1889
  • Sur la morphologie et les conexions des éléments de la rétine des oiseaux 1889
  • Nuevas aplicaciones del método de coloración de Golgi 1889
  • Conexión general de los elementos nerviosos 1889
  • Sur l'origine et les ramifications des fibres nerveuses de la möelle embryonaire 1890
  • Sobre ciertos elementos bipolares del cerebelo y algunos detalles más sobre el crecimiento y evolución de las fibras cerebelosas 1890
  • Sur les fibres nerveuses de la couche granuleuse du cervelet et sur l'évolution des éléments cérébelleuses 1890
  • Nuevas observaciones sobre la estructura de la médula espinal de los mamíferos 1890
  • Sobre la terminación de los nervios y tráqueas en los músculos de las alas de los insectos 1890
  • Sobre las células gigantes de la lepra y sus relaciones con las colonias del bacilo leproso 1890
  • Sobre la aparición de las expansiones celulares en la médula embrionaria 1890
  • Sobre las terminaciones nerviosas del corazón en los batracios y reptiles 1890
  • Sobre las finas redes terminales de las tráqueas en los músculos de las patas y alas de los insectos 1890
  • Sobre un proceder de coloración de las células y fibras nerviosas por el azul de Turnbull 1890
  • Réponse à M. Golgi à propos des fíbrilles collatérales de la moëlle epiniére et la structure générale de la substance gris 1890
  • A quelle époque apparaissent les expansions des cellules nerveuses de la moelle épinière du poulet 1890
  • Sobre la existencia de células nerviosas especiales en la primera capa de las circunvoluciones cerebrales 1890
  • A propos de certains éléments bípolaires du cervelet avec quelques détails nouveaux sur l'evolution des fíbres cérévelleuses 1890
  • Origen y terminación de las fibras nerviosas olfatorias 1890
  • Textura de las circunvoluciones cerebrales de los mamíferos inferiores 1890
  • Sobre la existencia de terminaciones nerviosas pericelulares en los nervios raquidianos 1890
  • Sobre la existencia de colaterales y bifurcaciones en las fibras de la sustancia blanca de la corteza del cerebro 1890
  • Coloration par le méthode de Golgi des terminaisons des trachées et des nerfs dans les muscles des ailes des insectes 1890
  • Sobre la existencia de bifurcaciones y colaterales en los nervios sensitivos craneales y sustancia blanca del cerebro 1891
  • Terminaciones nerviosas en el corazón de los mamíferos 1891
  • Significación fisiológica de las expansiones protoplásmicas y nerviosas de las células de la sustancia gris 1891
  • Sur la fine structure du lobe optique des oiseaux et sur l´origine réelle des nerfs optiques 1891
  • Pequeñas contribuciones al conocimiento del sistema nervioso 1891
    • Estructura y conexiones de los ganglios simpáticos
    • Estructura fundamental de la corteza cerebral de los batracios, reptiles y aves.
    • Estructura de la retina de los reptiles y batracios.
    • Estructura de la médula espinal de los reptiles.
    • La sustancia gelatinosa de Rolando.
  • Notas preventivas sobre la retina y gran simpático de los mamíferos 1891
  • Terminación de los nervios y tubos glandulares del páncreas de los vertebrados 1891
  • Sur la structure de l'écorce cérébrale de quelques mammiféres 1891
  • Comunicación acerca de la significación fisiológica de las expansiones protoplasmáticas y nerviosas de las células de la sustancia gris 1891
  • Nota sobre el plexo de Auerbach de la rana 1892
  • Observaciones anatómicas sobre la corteza cerebral y asta de Ammon 1892
  • La retina de los teleósteos y algunas observaciones sobre la de los vertebrados superiores 1892
  • La rétine des vertebrés 1892
  • Estructura del asta de Ammon y fascia dentata 1893
  • Estrutura de la corteza occipital inferior de los pequeños mamíferos 1893
  • Adenoma primitivo del hígado 1893
  • Beitrage zur feineren Anatomie des grossen Hirns» (tradución do alemán) 1893
  • Los ganglios y plexos nerviosos del intestino de los mamíferos, y pequeñas adiciones a nuestros trabajos sobre la médula y gran simpático general 1893
  • Sur les ganglions nerveux de l'intestin (resumo e tradución do anterior 1893
  • Pequeñas adiciones a nuestros trabajos sobre la médula y gran simpático general 1893
  • La fine structure des centres nerveux 1894 (o mesmo ano apareceu o texto castelán na Revista de Ciencias Médicas de Barcelona)
  • Notas preventivas sobre la estrutura del encéfalo de los teleósteos 1894
  • Algunas contribuciones al conocimiento de los ganglios del encéfalo 1894
  • Le Pont de Varole 1894
  • Estrutura del ganglio de la habénula de los mamíferos 1894
  • Consideraciones generales sobre la morfología de la célula nerviosa 1894
  • Algunas conjeturas sobre el mecanismo anatómico de la asociación, ideación y atención 1894
  • Ganglions cérévelleux 1895
  • Corps strié 1895
  • Apuntes para el estudio del bulbo raquídeo, cerebelo y origen de los nervios encefálicos 1895
  • L'anatomie fine de la moëlle épinière 1895
  • El azul de metileno en los centros nerviosos 1896
  • Estrutura del protoplasma nervioso 1896
  • Sobre las relaciones de las células nerviosas con las neuróglicas 1896
  • Las espinas colaterales de las células del cerebro teñidas con el azul de metileno 1896
  • Las colaterales y bifurcaciones de las raíces posteriores de la médula espinal demostradas con el azul de metileno 1896
  • Nouvelles contributions à l'étude histologique de la retiñe et à la question des anatomoses des prolongements protoplasmiques 1896
  • Fundamentos racionales y condiciones técnicas de la investigación biológica 1897
  • Leyes de la morfología y el dinamismo de las células nerviosas 1897
  • Los ganglios sensitivos craneales de los mamíferos 1897
  • Estudios sobre la corteza cerebral humana 1899-1901. I. Corteza visual (1899), II. Estructura de la corteza motriz del hombre y mamíferos superiores (1899), II. Corteza motriz (conclusión) (1900), III. Corteza acústica (1900), IV. Estrutura de la corteza cerebral olfativa del hombre y mamíferos
  • ¡A patria chica, alma grande! 1900
  • Virchow 1902
  • Un sencillo método de coloración del retículo protoplasmático y sus efectos en los diversos centros nerviosos de vertebrados e invertebrados 1903
  • Sobre un sencillo procedimiento de impregnación de las fibrillas interiores del protoplasma nervioso 1903
  • Consideraciones críticas sobre la teoría de A. Bethe acerca de la estructura y conexiones de las células nerviosas 1904
  • Das Neurofibrillennetz der Retina 1904
  • Variaciones morfológicas, normales y patológicas del retículo neurofibrilar 1904
  • Asociación del nitrato de plata con el embrionario para el estudio de los focos motores y sensitivos 1904
  • Contribución al estudio de las placas motrices 1904
  • El retículo neurofibrilar en la retina 1904
  • Variaciones morfológicas del retículo nervioso de invertebrados y vertebrados sometidos a la acción de condiciones naturales 1904
  • La fotografía cromática de puntos coloreados 1904
  • Tipos celulares de los ganglios sensitivos del hombre y mamíferos 1905
  • Mecanismo de la degeneración y regeneración de los nervios 1906
  • Sobre la policromía de los granos metálicos microscópicos 1906
  • Reglas prácticas sobre la fotocromía interferencial de Lippmann 1906
  • Una modificación al proceder fotocrómico de Lumière a la fécula 1906
  • Estrutura de las imágenes fotocrómicas de G. Lippmann 1906
  • Les métamorphoses précoces des neurofibrilles dans la régénérations de nerfs 1907
  • Die histogenische Beweise der Neuronentheorie von His und Forel 1907
  • Notas microfotográficas 1907
  • Las placas autocromas Lumière y el problema de las copias múltiples 1907
  • Las teorías sobre el ensueño 1908
  • La influencia de la quimiotaxis en la génesis y evolución del sistema nervioso 1908
  • Resumen de los trabajos de las Secciones de Ciencias Naturales y Médicas del Congreso 1908
  • Obtención de estereografías con un solo objetivo de gran abertura (Proceder de Berthier e Ives) 1910
  • Proceder heliocrómico por decoloración. Obtención de pruebas positivas estables con el azul de metileno 1912
  • Sobre un nuevo proceder de impregnación de la neuroglia y sus resultados en el cerebro del hombre y animales 1913
  • Contribución al conocimiento de la neuroglia del cerebro humano 1913
  • Contribución al conocimiento de los centros nerviosos de los insectos 1915
  • Después de la paz. ¿Qué corrientes políticas, sentimentales e ideológicas dominarán en Europa? 1915
  • La microfotografía estereoscópica y biplanar del tejido nervioso 1918
  • Nicolás Achúcarro 1919
  • Una modificación del método de Bielschowsky para la impregnación de la neuroglia común y mesoglia, y algunos consejos acerca de la técnica del oro-sublimado 1920
  • Algunas consideraciones sobre la mesoglia de Roberston y Río-Hortega 1920
  • Por encima de la abeja está el enjambre 1921
  • Contribution a la connaissance de la névroglie cérébrale et cérébelleuse dans la paralysie genérale progressive 1925
  • El cinematógrafo en color 1925
  • La investigación científica en España durante los últimos veinticincos años 1927
  • ¿Neuronismo o reticularismo? Las pruebas objetivas de la unidad anatómica de las células nerviosas 1933

Outros

  • Reglas y consejos sobre investigación biológica 1899
  • Cuentos de vacaciones (narraciones pseudocientíficas) 1905.
  • El mundo visto a los 80 años. Impresiones de un arterioesclerótico 1934
  • Reglas y consejos sobre investigación biológica 1913
  • Reglas y consejos sobre investigación científica (Los tónicos de la voluntad) 1940
  • La psicología de los artistas 1972.
  • Ramón y Cajal y la guerra de Cuba. Apuntes autobiográficos 1998

Galería de deseños de Cajal

Os discípulos de Cajal

Dentro da Escola Histolóxica Española podemos diferenciar dous grupos moi diferenciados: o dos discípulos directos de Cajal e o encabezado por Nicolás Achúcarro e Pío del Río Hortega.[6]

Nicolás Achúcarro, (1880-1918), foi discípulo do doutor Simarro e traballou varios anos no estranxeiro antes de regresar a España en 1910. Neste ano entrou no Laboratorio de Investigacións Biolóxicas dirixido por Ramón y Cajal e máis tarde sería profesor de Histoloxía en Madrid, onde Cajal tiña a cátedra en propiedade. Na súa curta vida investigou as células en bastón, na neuroglía normal e patolóxica, e nas neoformacións conectivas perivasculares da parálise progresiva, usando o método do tanino e a prata amoniacal, ideado por el en 1911.

Pío del Río Hortega, (1882-1945), formouse na Universidade de Valladolid e posteriormente viaxou polo estranxeiro para aumentar os seus coñecementos, sobre todo no campo da oncoloxía. Foi nomeado director do Laboratorio de Histoloxía , proposto por Cajal, e en 1931 director do Instituto Nacional do Cancro. Tras unha serie de traslados, rematou os seus días en Buenos Aires. O seu labor científico baseouse en gran medida na investigación citolóxica das neuronas e a neuroglía, e na investigación dos tumores nerviosos.

Tamén houbo un grupo de mulleres que participou das investigacións científicas levadas a cabo no laboratorio. As máis coñecidas foron Manuel Serra, por asinar un artigo propio, e Laura Forster, británica nada en Australia e licenciada en medicina pola Universidade de Berna, en Suíza. Outras colaboradoras foron María Soledad Ruiz-Capillas e María Luisa Herreros.[7]

Cajal e a arte

Santiago Ramón y Cajal non foi só un home de ciencias, senón que tamén se interesou pola arte e as humanidades.

Literatura

Dende a súa xuventude, Cajal estivo moi interesado pola literatura. Ávido lector, escribiu diversas obras literarias durante a súa vida. O seu estilo é denso e profundamente irónico. A súa preocupación por España e o seu devir científico e social, así como a importancia da aprendizaxe crítica e o emprego do pensamento en todo o que rodea o individuo son temas recorrentes na súa obra.

Entre as súas obras destacan algunhas das súas memorias, como Recuerdos de mi vida. Mi infancia y mi juventud ou La vida a los ochenta años. Impresiones de un arteriosclerótico; algúns libros ensaísticos como La psicología de los artistas; ou libros de relatos seudocientíficos como Cuentos de vacaciones.

Fotografía

O seu primeiro contacto coa fotografía o tivo no ano 1868 grazas a un amigo seu. [8]Será dous anos despois cando comece a dedicarse a esta afección máis seriamente. Cajal interesouse na fotografía non só como arte, senón tamén como técnica a estudo, chegando incluso a fabricar e comercializar as súas propias emulsións para placas. Tamén innovou na forma artística, e cara a 1883 chegou a aplicar a fotografía ó gravado, realizando as coñecidas como "fotos litográficas".

A fotografía tamén serviu como complemento para o seu labor científico, grazas á súa colección de fotos dos seus traballos médicos. A súa obra consta tamén de gran cantidade de retratos familiares, paisaxes, fotos das súas viaxes, instantáneas espontáneas na rúa, composicións artísticas e, sobre todo, autorretratos.

O seu labor como fotógrafo levouno a ser nomeado Presidente Honorífico da Real Sociedade Fotográfica de Madrid en 1900. En 1912 publicou un manual de fotografía chamado Fotografía de los colores.[8]

Pintura e debuxo

Desde moi pequeno Cajal tivo un interese moi evidente cara á pintura e o debuxo, pero esta afección foi censurada polo seu pai. Cando Santiago estudou en Huesca e recibiu clases de debuxo de León Abadías, pero a súa vocación polo debuxo artístico foi pronto substituída polo debuxo científico.

En 1870 publicou o Álbum anatómico, que xunto ós centos de debuxos científicos de Cajal, representan o seu verdadeiro legado ó mundo da arte.

Premios e títulos

Premios e medallas

Títulos académicos

Algúns dos títulos dos máis de cen que lle foron concedidos son:

Outros

2022 foi declarado ano de Investigación Ramón y Cajal polo Goberno de España.

Notas

  1. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1906". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2021-06-26. 
  2. Puerta, J.L. (2002). "Partida de bautismo de Santiago Ramón y Cajal (1852-1934)". Ars Medica. Revista de Humanidades (en castelán) (2): 269–272. ISSN 1579-8607. 
  3. Ferrer Benimeli, José A. (1979). La masonería en Aragón. Zaragoza: Librería General. ISBN 84-7078-092-1. OCLC 644393949. 
  4. Pérez, Eduardo (setembro 2022). "Valencia en huelga contr la guerra". El Salto (65): 58–59. 
  5. Nuwer, Rachel. "Happy Birthday to the Father of Modern Neuroscience, Who Wanted to Be an Artist". Smithsonian Magazine (en inglés). Consultado o 2021-06-26. 
  6. Sánchez Álvarez-Insúa, Alberto (1998-10-30). "Santiago Ramón y Cajal y Pío del Río Hortega". Arbor 161 (634): 151–176. ISSN 1988-303X. doi:10.3989/arbor.1998.i634.1704. 
  7. "Manuela Serra, la científica sin carrera a la que Ramón y Cajal quiso pagarle los estudios | Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2021-06-24. Consultado o 2021-06-26. 
  8. 8,0 8,1 Alonso, Autor José R. (2014-08-02). "Cajal, fotógrafo". Neurociencia (en castelán). Consultado o 2021-06-26. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alonso, José Ramón (novembro 2014). "Cajal, fotógrafo". Principia (en castelán). ISSN 2386-5997. 
  • Durfort Coll, Mercedes (2007). "La etapa barcelonesa de Santiago Ramón y Cajal". Quark: Ciencia, medicina, comunicación y cultura (en castelán) (Barcelona: Universitat Pompeu Fabra) (39-40): 66–74. ISSN 1135-8521. 
  • Hodelín Tablada, R. (2013). "Semblanza de Don Santiago Ramón y Cajal en el 160 aniversario de su nacimiento". Revista Cubana de Neurología y Neurocirugía (en castelán) 3 (Extra 1): S15–S23. ISSN 2225-4676. 
  • Ramón y Cajal Junquera, Santiago (2006). Ramón y Cajal, la voluntad de un sabio (en castelán). Editorial Just in Time S.L. ISBN 8469021656. 

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!