Disentería

Disentería
Clasificación e recursos externos
ICD-10A09.0, A03.9, A06.0, A07.9
ICD-9004, 007.9, 009.0
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Disentería (anteriormente coñecido como fluxo ou fluxo de sangue) é un trastorno inflamatorio do intestino, especialmente do colon, que produce diarrea grave que contén moco e/ou sangue nas feces. Se non se trata, a disentería pode ser fatal.

A disentería é causada xeralmente por unha infección bacteriana ou de protozoos ou a infestación de parasitos, pero tamén pode ser causada por un irritante químico ou unha infección viral. As dúas causas máis frecuentes son a infección cun bacilo do grupo Shigella, e a infestación dunha ameba histolítica, Entamoeba. Cando é causada por un bacilo chámase disentería bacilar, e cando é causada por unha ameba chámase disentería amebiana.

Ademais disto, a disentería por Shigella ou disentería bacilar pode dar signos menínxeos que son confundidos cunha meningoencefalite: esta era a causante de epidemias nos barcos na antigüidade; así mesmo nas grandes guerras, en ocasións era a causante de máis mortes que as que causaba a propia guerra.

Tipos

A enfermidade disentérica ou síndrome disentérica pode ter diferentes etioloxías:

  1. De orixe bacteriano: Escherichia coli enteroinvasiva, Yersinia enterocolitica e Shigella cos seus 4 serotipos; boydii, flexnery, soneii e dysenteriae.
  2. De orixe parasitaria: Entamoeba histolytica e en nenos, Balantidium coli. Esta na época romana aliviábase con xema de ovo. Era unha recomendación do médico romano Plinio o Vello.

Síntomas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!