A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2 190 327 habitantes (2016).[1] Con todo, durante o século XX, a área metropolitana de París espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11 174 740 habitantes (1999).[2]
A rexión de París (Illa de Francia) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa.[3] Con 500,8 mil millóns de euros (630 mil millóns de dólares), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. La Défense é o primeiro barrio de negocios de Europa,[4] alberga a sede social de case a metade das grandes empresas francesas, así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu moitas organizacións internacionais, como a Unesco, a OCDE, a Corte Penal Internacional e o Club de París.
O seu nome provén do pobo galo dos parisios (en latín, Parisii). A palabra «París» deriva do latín Civitas Parisiorium (‘a cidade dos parisi’), designación que predominou sobre Lutecia (cuxo nome completo era Lutetia Parisii). Non se coñece con certeza a orixe do nome dos parisii.
París ten moitos sobrenomes, o máis famoso dos cales é o de «Cidade da Luz» (a Ville lumière), nome que remite á súa fama como centro das artes e a educación, pero tamén, e talvez polo mesmo, á súa adopción temperá da iluminación urbana.
O xentilicio dos habitantes de París é «parisiense» (en francésparisien, pronunciado "paʁizjɛ̃"). Ás veces, os franceses que viven fóra de París refírense aos seus habitantes como parigots (pronunciado "paʁigo"), pero o termo, antano despectivo, foi adoptado polos parisienses e perdeu esa connotación.
Jacques-Antoine Dulaure deu unha explicación posible á orixe do nome dos parisii, asociándoo á deusa exipcia Isis, por causa do descubrimento dunha estatua da deusa encontrada na abadía de Saint-Germain-des-Prés.[6] Esta estatua, coñecida como o ídolo de Saint-Germain-des-Prés, era delgada, alta, erguida, negra, case espida, vestida con roupa adornada en pregues ao redor das súas extremidades e encontrábase situada na parede do lado norte, onde estaba o crucifixo da igrexa.[7]
Os Parisii, pobo galo do que provén o nome de París, habitaron a localización encravada na 'Île de la Cité' ou illa da cidade, na que na actualidade se atopa a catedral de Nôtre Dame. Crese que os Parisii fundaron a cidade entre 250 a.C. e 200 a.C., aínda que se descoñece o lugar exacto da localización da cidade gala.
En 52 a.C. cando os romanos tomaron a cidade, rebautizárona chamándolle Lutetia, reconstruíndoa durante o século I na beira esquerda do río Sena.
Segundo a tradición medieval, San Dionisio foi o primeiro bispo da cidade a mediados do Século III. Outra lenda conta que Xenoveva, patroa de París, axudou no 451 á defensa da cidade contra os hunos.
París tomou o seu nome actual no século IV e Clodoveo I, rei dos francos converteuna en capital 508, após a vitoria sobre os romanos.
Cando os Capetos conseguiron o trono de Francia en 987, París converteuse nunha das dúas grandes cidades do seu dominio persoal. Con Filipe Augusto (1190-1220) París converteuse definitivamente na capital do reino, construíndose daquela unha nova muralla que protexese un sector máis amplo da cidade. No século XIV, Carlos V (1371-1380) construíu unha muralla meirande a anteriormente citada.
Entre final do século XVI e comezos do XVII, Henrique IV, construíu os primeiros conxuntos arquitectónicos modernos, como a Place des Vosges. O seu sucesor, Lois XIII, estendeu a muralla de Carlos V sobre a beira dereita. Lois XIV destruíu esa muralla e ordenou construír no canto dela os primeiros grandes bulevares.
No final do século XVIII, na fortaleza da Bastilla, atopada na parte oriental da cidade, iniciouse oficialmente o movemento que coñecido como a Revolución Francesa.
Após a súa autoproclamación como Emperador, Napoleón Bonaparte decidiuse por París para a capital do seu Imperio, logo de considerar Lión para tal privilexio.
Baixo o reinado de Lois Filipe, a cidade acelerou o seu ritmo de crecemento.
Con Napoleón III a cidade sufriu a súa transformación urbana máis significativa. O emperador comisionou ao Barón Haussmann para que executase os cambios necesarios para converter París na cidade máis moderna do mundo naquela época. Derrubándose unha gran parte da cidade antiga e medieval, dando paso aos grandes bulevares e edificios modernos, sendo o máis destacado a Ópera Garnier. Tamén se construíron canalizacións de augas e outros avances importantes nas obras públicas. Este período chegou á súa fin trala caída do emperador como consecuencia da derrota sufrida polo seu exército na guerra franco-prusiana.
Durante a segunda metade do século XIX, París albergou varias exposicións que reunían a expositores de todo o mundo. A máis destacada tivo lugar en 1889 con motivo da conmemoración do primeiro centenario da revolución. Para este evento foi construída a Torre Eiffel, que, aínda que debía ser desmontada unha vez rematada a exposición, continúa actualmente na súa localización orixinal (48°51′29.04″ N 2º17'40.10"L).
Coa chegada do século XX a cidade comezou a construción do seu metro.
En 1940 a cidade foi tomada polo Wehrmacht (exército alemán) de Adolf Hitler no marco da segunda guerra mundial. Durante a guerra, París estivo administrada polas forzas de ocupación, as cales a abandonaron despois de catro anos, sen causarlle danos de consideración, comparado cos danos sufridos por outras cidades europeas durante a guerra.
Baixo a administración do segundo presidente François Mitterrand, na década dos 80 e comezos dos 90, a cidade recibiu un renovado impulso no seu urbanismo e infraestruturas. Renovándose sectores deprimidos da cidade, en particular barrios da beira esquerda e a Villette; levantándose novos edificios emblemáticos, como a biblioteca, o Arco da Defensa e o Museo de Orsay; renovándose tamén dun xeito radical o Museo do Louvre.
Xeografía
París está situado na parte central do norte de Francia, nun arco do río Sena no que hai dúas illas, a Île Saint-Louis e a máis grande Île de la Cité, e no que está a parte máis antiga da cidade. A desembocadura do Sena no Canal da Mancha está a 375 km de París. A cidade espállase amplamente por ambas beiras do río.[8] En xeral, a cidade é relativamente chá; o punto máis baixo está a 35 metros sobre o nivel do mar (msnm) e o máis alto, que é Montmartre, áchase a 135 msnm.
Excluíndo os parques periféricos do Bosque de Boulogne e o de Vincennes, París forma un óvalo de aproximadamente 87 km2 de superficie, rodeado por un anel de 35 km que forma a estrada periférica de París.[9]:69 A última grande anexión de París en 1860 de territorios periféricos non só lle deu a súa forma moderna senón que tamén creou os 20 distritos (municipios) nomeados no sentido horario. A superficie da cidade de 78 km2 en 1860 foi expandíndose marxinalmente ata chegar a ter 86,9 km2 na década de 1920. En 1929, os bosques de Boulogne e de Vincennes foron oficialmente anexados á cidade, co cal a superficie aumentou ata os arredor de 105 km2.[10] A superficie da área metropolitana de París é de 2.300 km2.[8]
Clima
París ten o típico clima oceánico do oeste europeo, influído pola Corrente do Atlántico Norte. O clima durante todo o ano é suave e moderadamente húmido.[11] Os días de verán son xeralmente cálidos e agradables cunha temperatura media entre 15 e 25 °C, e boa cantidade de sol.[9]:309 Porén, cada ano hai uns poucos días nos que a temperatura elévase por riba dos 32 °C. Ás veces ocorre que hai períodos máis longos de intensa calor, como sucedeu na vaga de calor de 2003 cando as temperaturas superaron os 30 °C durante semanas, alcanzando os 40 °C nalgúns días e refrescando poucas veces á noite. A primavera e o outono teñen días suaves e noites frescas, aínda que as condicións son cambiantes e inestables; o tempo quente ou frío ocorre sorprendentemente en ambas estacións.[12] No inverno, os días son fríos e a luz solar escasa, as noites son frías mais xeralmente con temperaturas por riba da conxelación, ao redor de 3 °C.[13] Non obstante, as xeadas nocturnas son moi comúns, pero a temperatura descende por baixo de -5 °C só uns días por ano. A neve cae todos os anos, pero raramente permanece no chan. Ás veces hai nevaradas lixeiras con ou sen acumulación.[14]
París ten unha precipitación anual media de 641 mm, e experimenta lixeiras choivas distribuídas ao longo de todo o ano. Porén, a cidade é coñecida polos abruptos e intermitentes ballóns que sofre. A maior temperatura rexistrada foi de 40,4 °C o 28 de xullo de 1947, e a máis baixa foi de -23,9 °C o 10 de decembro de 1879.[15]
Datos climáticos para París (Parc Montsouris), medias 1981–2010, extremas 1872–presente
A cidade de París tiña unha poboación de 2.125.246 habitantes no censo de 1999, cifra menor ao máximo de 2,9 millóns de habitantes que acadou en 1921. A perda de poboación da cidade reflicte a experiencia da maioría das grandes cidades do mundo desenvolvido que non expandiron as súas fronteiras. Os principais factores da perda foron a caída significante do tamaño dos fogares, e a espectacular emigración de residentes para os arrabaldes entre 1962 e 1975. Os factores da emigración inclúen a desindustrialización, as altas rendas, o aburguesamento dos barrios céntricos, a transformación do espazo residencial en espazo para oficinas e a mellora da calidade de vida das familias traballadoras.
As perdas de poboación da cidade de París constitúen as maiores no mundo sobre unha poboación de 2 millóns de habitantes. As perdas de poboación son negativas para a cidade, polo que as autoridades están levando a cabo unha serie de medidas para fixar poboación con bastante éxito, conseguindo a primeira suba da poboación na cidade dende 1954, en xullo do 2004, acadando unha poboación de 2.144.700 habitantes.
Densidade
París é unha das cidades de máis de 1 millón de habitantes máis densamente poboadas do mundo occidental. A súa densidade, excluíndo os parques periféricos de Boulogne e Vincennes, era de 24.448 habitantes por km² no censo oficial de 1999. Incluíndo estes dous parques era de 20.164/km², sendo a quinta comuna máis poboada de Francia despois de Le Pré-Saint-Gervais, Vincennes, Levallois-Perret, e Saint-Mandé, tódalas comunas situadas preto dos arrabaldes da cidade.
Os distritos cunha menor densidade de poboación atópanse na parte central e occidental da cidade. Os distritos maior poboados atópanse ao norte e no leste da cidade.
Organización administrativa
Logo da lei do 10 de xullo de 1964 sobre a reorganización da rexión parisiense, que entrou totalmente en vigor o 1 de xaneiro de 1968, a vila de París é ao mesmo tempo un departamento e mais un concello. Anteriormente e desde 1790, París era a capital do departamento do Sena. O concello de París divídese en 20 distritos municipais e en 21 circunscricións electorais. A sede da administración municipal está na Mairie de Paris, tamén coñecida como Hôtel de ville de Paris.
A aglomeración de París
A cidade de París é moito máis pequena que a súa área urbana e metropolitana. Actualmente, a área urbana da cidade (agglomeration) ocupa un anel de tres "départements" ou barrios - tamén coñecido como "petite couronne" (pequeno anel) - e esténdese cara a un anel exterior de catro "grande couronne départements". Estes oito départements xuntos completan a rexión de Illa de Francia.
A aglomeración de París ou área urbana (unité urbaine) ten unha extensión de 2.723 km², sendo 26 veces maior que a propia cidade de París. Ao unirse a aglomeración urbana de París máis a súa área metropolitana (aire urbaine) forman unha extensión de 14.518 km² ou o que é o mesmo, unha área 138 veces maior á propia cidade de París, chegando a superar as fronteiras da rexión da Illa de Francia.
↑Dulaure, J.-A. Histoire physique, civile et morale de Paris depuis les premiers temps historiques jusqu'à nos jours, Paris: 1829.
↑Corrozet, G. La flor de Antiquitez, París, 1532 citado también por J. Baltrusaitis, La búsqueda de Isis: un ensayo sobre la leyenda de un mito, París, 1985.
↑Paris.fr, ed. (15 de novembro de 2007). "Key figures for Paris". Mairie de Paris. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2009. Consultado o 5 de maio de 2009.
↑Paris.com (ed.). "Climate"(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013.
↑Paris Convention and Visitors Bureau (ed.). "Climate in Paris". ParisInfo(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2014. Consultado o 29 de xuño de 2013.
↑Meteo France (ed.). "Paris–Montsouris (984)"(PDF). Fiche Climatologique: Statistiques 1981–2010 et records(en francés). Arquivado dende o orixinal(PDF) o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2018.
Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Hironobu Sakaguchi – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Hironobu SakaguchiPada Japan Expo di Paris, Prancis (2007)Lahir25 November 1962 (umur 60)Hitachi, Ibaraki, JepangKebangsaanJepa...
Parador de El Hierro LocalizaciónPaís EspañaLocalidad ValverdeCoordenadas 27°43′02″N 17°57′30″O / 27.717180555556, -17.958413888889Información generalInauguración 1976Estrellas Habitaciones 47Propietario Paradores de Turismo[editar datos en Wikidata] El parador de El Hierro es un establecimiento hotelero de 3 estrellas, perteneciente a la empresa pública española Paradores de Turismo, situado en Las Playas en el municipio de Valverde de la isla espa...
Este artículo o sección necesita referencias que aparezcan en una publicación acreditada.Este aviso fue puesto el 12 de junio de 2011. Tarjeta EGA Paradise. Arachne en modo 640×350. La captura de pantalla contiene 14 colores. «EGA» redirige aquí. Para otras acepciones, véase EGA (desambiguación). EGA es el acrónimo inglés de Enhanced Graphics Adapter, la especificación estándar de IBM PC para visualización de gráficos, situada entre CGA y VGA en términos de rendimiento gráfic...
1920 film The Last Rose of SummerDirected byAlbert Ward[1]Written byRoland Pertwee[1]Hugh Conway (novel)[2]Produced byG. B. Samuelson[1]StarringOwen Nares[1]Daisy Burrell[1]Release date1920CountryUnited KingdomLanguageEnglish The Last Rose of Summer is a British silent motion picture of 1920 directed by Albert Ward, produced by G. B. Samuelson, and starring Owen Nares and Daisy Burrell. A drama, it was written by Roland Pertwee, based on a novel...
Belarusian hurdler Alina TalayAlina Talay in Pedro's Cup in Łódź (2016)Personal informationFull nameAlina Henadzeuna TalayNationalityBelarusianBorn (1989-05-14) 14 May 1989 (age 34)Orsha, Soviet UnionHeight1.64 m (5 ft 5 in)[1]Weight54 kg (119 lb)SportSportAthleticsEvent100 metres hurdlesCoached byViktor Myasnikov.[2]Philip Winfried (2015–)[3]Achievements and titlesPersonal best(s)100 m hurdles: 12.41 (2018)60 m hurdles: 7.85 (20...
This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Lego Creator – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (November 2019) (Learn how and when to remove this template message) This article is about the Lego set theme. For the video game, see Lego Creator (video game). Lego theme Lego CreatorSub‑themes3...
PalmatakKecamatanNegara IndonesiaProvinsiKepulauan RiauKabupatenKepulauan AnambasPemerintahan • Camat-Populasi • Total- jiwaKode Kemendagri21.05.02 Kode BPS2105070 Desa/kelurahan5 Pal Matak, Kepulauan Anambas Palmatak adalah sebuah kecamatan di Bumi Sari Natar Kabupaten Kepulauan Anambas, Kepulauan Riau, Indonesia. Ibu kota kecamatan ini adalah Tebang Ladan, terletak pada 03o 21 Lintang Utara, 106o 20 Bujur Timur. Geografi Letak, luas, dan batas wilayah Kecamatan ...
Шарль Куапо д’АссусиCharles Coypeau d'Assoucy Дата рождения 16 октября 1605(1605-10-16) Место рождения Париж, королевство Франция Дата смерти 29 октября 1677(1677-10-29) (72 года) Место смерти Париж, королевство Франция Страна королевство Франция Род деятельности поэт, актёр, певец и комп...
2015 American film400 DaysTheatrical release posterDirected byMatt OstermanWritten byMatt OstermanProduced by Gabriel Cowan[1] John Suits[1] Starring Brandon Routh Caity Lotz Ben Feldman Dane Cook CinematographyBo HakalaEdited byNicholas LarrabureMusic by Wojciech Golczewski Sean McMahon Productioncompanies New Artists Alliance[2] XLrator Media[2] Distributed byXLrator Media[2]Release dates October 29, 2015 (2015-10-29) (Australia) Ja...
British painter Not to be confused with the English marine artist William Joy. George W. JoySelf-portrait, 1900Born7 July 1844Dublin, IrelandDied8 August 1936Purbrook, Hampshire, EnglandNationalityIrishEducationHarrow School; South Kensington School of Art, LondonKnown forPainter of genre, historical scenes and Orientalist themesMovementOrientalist George William Joy (7 July 1844 in Dublin, Ireland – 28 October 1925 in Purbrook, Hampshire) was an Irish painter in London.[1] Lif...
Free and open-source encrypted proxy project You can help expand this article with text translated from the corresponding article in Chinese. (February 2017) Click [show] for important translation instructions. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than simply copy-pasting machine-translated text into the English Wikipedia. Do no...
2009 novel by A. E. Moorat This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: Queen Victoria: Demon Hunter – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2012) (Learn how and when to remove this template message) Queen Victoria: Demon Hunter First Edition Cover, 2009AuthorA.E. MooratCountryUnited KingdomLanguageEnglishGenreComic novel, historical fict...
Margaret Anna CusackMemorial to Margret Anna Cusack in DublinBorn6 May 1829Mercer Street/York Street, Dublin, IrelandDied5 June 1899 (aged 70)Leamington Spa, England, UKOther namesSister Mary Francis CusackMother MargaretOccupationFoundress of Sisters of St. Joseph of Peace religious congregation Margaret Anna Cusack (born 6 May 1829[1] in a house at the corner of Mercer Street and York Street (now known as Cusack Corner),[2] Dublin, Ireland – died 5 June 1899), also kn...
Рейс 21 USAF Последствия катастрофы Общие сведения Дата 3 апреля 1996 года Время 14:57 CEST Характер CFIT (врезался в гору) Причина Плохие погодные условия, ошибки экипажа Место гора Стражишче, в 3 км от аэропорта Дубровник, Дубровник (Хорватия) Координаты 42°35′ с. ш. 18°15′ в. ...
جمهورية أذربيجان الديمقراطية جمهورية أذربيجان الديمقراطيةعلم أذربيجان جمهورية أذربيجان الديمقراطيةالشعار النشيد: نشيد جمهورية أذربيجان الأرض والسكان إحداثيات 40°30′N 47°34′E / 40.5°N 47.56°E / 40.5; 47.56 عاصمة كنجهباكو اللغة الرسمية الأذرية التعد...