O relevo do concello de Mons está marcado polo val do río Haine, que flúe de leste a oeste, ao norte da cidade, para acabar por xuntarse, xa en Francia, co Escalda. O río Trouille xúntase co Haine na mesma cidade de Mons. O norte e sur do val do Haine está conformado por outeiros e altiplanos con alturas progresivamente en aumento que varían entre os 50 e os 115 m, que culminan na aldea de Saint-Denis. A altura descende até o 20 m nas beiras do Haine e do canal Nimy-Blaton-Péronnes.
A cidade foise desenvolvendo sobre un outeiro (de aí o nome de Mons: monte) sito na confluencia entre o Haine e o Trouille, o que lle foi conferindo unha forma máis ou menos circular. A altura do casco urbano é maior xustamente no seu centro.
A ver
O centro da vida cidadá é a Gran Praza (Grand-Place). A súa man suroeste ábrense as rúas medievais, ben conservadas. Cómpre ver:
A Casa do Concello (Hôtel de Ville), edificio gótico do século XV; á súa entrada principal, no exterior, a curiosa estatua dun macaco, dito o Singe du Grande Garde, do cal se di que outorga boa sorte a que lle aloumiña coa man dereita a cabeza;
Colexiata de Sainte-Waudrau, de estilo tardogótico, no suroeste da Grande-Place
Museo da Guerra (Musée du Guerre), consagrado ás vicisitudes da cidade nas dúas guerras mundiais;