Košice (Kaschau en alemán, Kassa en húngaro e Cassovia en Latín) é unha cidade de 235.000 habitantes, situada no leste de Eslovaquia, a rentes do río Hornád. O 89.1% da poboación é de nacionalidade eslovaca, 3.8% húngara, 2.1% cíngara e 1.2% checa. O 58.3% católicos romanos, 7.6% grecocatólicos e 4.1% evanxélicos.
En 1918 Košice pasou a formar parte da primeira república checoslovaca, e pese a decadencia económica derivada da ocupación húngara de 1938 a 1945, a cidade declarouse capital temporal de Checoslovaquia durante a fase final da Segunda Guerra Mundial cando pasou a control soviético, mantivo este status por un curto período de tempo, ata que o Exército Vermello chegou a Praga. A partir do 1950 o crecemento económico acelerouse debido á incorporación da cidade na rede do leste eslovaco de fábricas de aceiro East Slovakian Steelworks (VSŽ). No espazo dunha xeración a poboación multiplicouse por cinco e a área destinada a vivendas por vinte. [1]
Hoxe en día segue a percibir crecemento económico coa chegada de provedores da automoción como Magna International ou Magneti Marelli, deslocalizados do oeste europeo.