Pedro González Telmo

Modelo:BiografíaPedro González Telmo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1190 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Frómista, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1246 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Tui, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Palencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfrade, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa15 de abril Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 9470644 Editar o valor en Wikidata
San Telmo na igrexa de San Caetano de Santiago de Compostela.

Pedro González Telmo ou Elmo, coñecido como San Telmo, nado quizais en Frómista, quizais en Astorga antes de 1190 e finado o 14 de abril de 1246 en Tui, foi un relixioso católico latino español.

Biografía

Sobriño de bispo, recibiu estudos e unha boa posición social. De vida disipada e amante da vangloria, cóntase que a cando cabalgaba con fachenda e con vestiduras ostentosas, o seu cabalo derrubouno nun lameiro, sendo obxecto da xacarandaina do pobo. Ferido no seu orgullo, esta anécdota foi o inicio da súa conversión.

Ingresou na orde dominicana en Palencia renunciando a todos os seus bens e aplicándose ao estudo e á predicación por vilas e aldeas. O rei Fernando III de Castela, abraiado polo seu carisma fíxose acompañar del nas súas expedicións militares polo Val do Guadalquivir que acabarían coas importantes conquistas de Córdoba e Sevilla. Alí foi confesor do monarca e predicador das tropas leonesas, galegas e castelás. A súa insistencia en moderar a crueldade e os excesos dos soldados do rei causáronlle o rexeitamento e a animadversión.

Abandonou o servizo do rei, e volveu a predicar ao reino de Galicia entre as clases humildes e pobres, particularmente os pescadores e as propias tripulacións dos barcos que non tiñan ocasión de asistir a servizos relixiosos. A autenticidade da súa predicación, o seu labor pacificador nas liortas das xentes, e a súa atención polos máis necesitados, déronlle sona de santidade. Cóntase que, xa en vida, cando os mariñeiros tiñan apuros nas tempestades encomendábanse as súas oracións.

Foi nomeado prior do convento de Guimarães, en Portugal, onde tivo entre os seus frades a Gonzalo de Amarante. Xa quinquaxenario, retirouse a Tui, onde fixo amizade co bispo Lucas de Tui; na Pascua de 1246, mentres peregrinaba á suposta tumba do Apóstolo Santiago o Maior, faleceu tras caer enfermo.

Logo do seu falecemento, en 1254 foi aprobado o seu culto para os reinos hispánicos, foi beatificado para toda a Igrexa católica en 1741. É patrón da cidade de Tui, da diocese de Tui-Vigo e da Mariña.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!