Uniu definitivamente os reinos de León e Castela e consolidou a Reconquista, deixando por conquistar apenas o reino tributario de Granada. Foi canonizado en 1671, sendo coñecido tamén como San Fernando.
Após a morte do seu tío Henrique I de Castela (1204-1217), con apenas 13 anos de idade, só sobreviviran algunhas irmás de Henrique. Berenguela, que fora rexente do irmán de 1214 a 1217, foi aclamada raíña de Castela só un mes após a morte deste. Mas logo após ser coroada abdicou en favor do seu fillo varón máis vello, Fernando, entón apenas con 16 anos.
O pai de Fernando, o rei Afonso VIII de León e Galicia, que outrora fora casado con Berenguela e tivera o matrimonio anulado en 1204 debido á consanguinidade, ambicionaba ser rei de Castela por ser neto de Afonso VII de León e Castela. Apoiado pola poderosa familia Lara e outros nobres descontentes, proclamou guerra aberta a Castela.
Berenguela pasou entón a conselleira do rei. Axudou a subxugar os nobres rebeldes e despois combinou o casamento, celebrado en 1219, de Fernando cunha esposa digna dese monarca novo, e dunha familia politicamente útil. A escollida foi Isabel de Hohenstaufen, coñecida en Castela como Beatriz da Suabia (1202-1235), filla de Irene Anxelina de Constantinopla e de Filipe, duque da Suabia, rei da Xermania e rei de romanos, neta do emperador xermánico Frederico Barbaruiva.
Fernando e a raíña-nai ambicionaban obter a coroa de León e volver unir os dous reinos, separados en 1157 coa morte de Afonso VII de León e Castela. Para tal, reuníronse na cidade portuguesa de Valença as dúas mulleres de Afonso VIII de León e Galicia, Tareixa de Portugal e Berenguela, coas infantas Sancha e Dulce, para selaren un acordo.
Sancha e Dulce renunciaron á coroa de León, en troques dunha renda de 30 mil marabedís e outros privilexios. Polo Tratado das Tercerias, a unión persoal das dúas coroas foi restaurada definitivamente na persoa do rei Fernando III, o Santo, e na dos seus sucesores, pasando Castela a deter a hexemonía na Hispania.
Coa morte de Beatriz da Suabia en 1235, Fernando casou pola segunda vez en 1237 con Xoana d'Aumale, condesa de Ponthieu (1210-1279), filla de Maria de Belleme, señora de Ponthieu, e de Simón Dammartin, conde d'Aumale.
Reconquista e santidade
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
Malia ter determinado así o futuro da relixión na rexión, tería encoraxado a convivencia dos seus súbditos de diferentes fes, que tería a súa expresión máxima na capital cultural de Toledo.
No entanto, importa contextualizar esta convivencia no seu lugar e época. Non se trataba dunha convivencia intercultural á luz da moral dos días de hoxe. Había discriminación racial e relixiosa. Unha curiosa expresión naceu durante este período: tomar las de Villadiego en español (en galego ou portuguésdar às de Vila Diogo), que significa fuxir. A explicación desta expresión non é unha verdade histórica indiscutíbel, mas reflicte un pouco o pensamento e o preconceptoantisemita da época.
A tradición conta que Fernando III concedeu aos xudeus de Villadiego o dereito de non seren perseguidos. Había, no entanto, unha contrapartida: tiñan que usar calzas (os cristiáns usaban calzóns) para garantiren os seus privilexios. Os xudeus de Burgos ou de Toledo non tiñan tales privilexios e, logo que perseguidos, abandonaban todo o que tiñan e fuxían para Villadiego (por aportuguesamento, Vila Diogo). Nesta localidade, éranlles ofrecidas calzas para escaparen aos perseguidores, mais cun prezo: eran forzados a pagar un tributo aos xudeus locais.
Fernando faleceu en Sevilla o 30 de maio de 1252, con 51 anos. Estaba na compaña dos seus fillos tidos con Beatriz (excepto Berengaria e Sancho), dos tres fillos do seu segundo casamento e aínda da súa segunda esposa, Xoana d'Aumalle.
[1] COSTA, Ricardo. “E o rei entrou na cidade em uma grande procissão, com todos cantando Te Deum laudamus”: a conquista de Córdoba (1236) por Fernando III, o Santo (c. 1198-1252) e a expansão das fronteiras da cristandade ibérica medieval.