Coa reconquista dos territorios polos cristiáns, descendentes dos hispanovisigodos, que se refuxiaran nas zonas do norte da Península, nun proceso que ficou designado historicamente por Reconquista, o nome Al-Andalus foise adecuando ó cada vez menor territorio baixo ocupación árabe-musulmá, na metade sur da península, aproximadamente a mesma area da antiga provincia romanaBética, cuxas fronteiras foran progresivamente empurradas para o sur, até a toma do Reino de Granada polos Reis Católicos.
Etimoloxía
O nome Al-Andalus apareceu por primeira vez como designación para a Península Ibérica en 716, nunha moeda bilingüe que foi alí acuñada. Nesa moeda a verba Span(ia), en latín, correspondía a Al-Andalus, en árabe.
Segundo Reinhardt Dozy (1820 - 1883), investigador neerlandés do islam, a verba Al-Andalus estaría relacionada ó vocábulo Vandalicia, nome que el afirmaba ter recibido a Bética romana cando os vándalos alí se asentaran entre 409 e 429 d. C. Esta posición foi compartida por outros estudosos, entre eles Évariste Lévi-Provençal, mais nunca foi posible atopar probas documentais que mostren que a Bética foi algunha vez chamada Vandalicia.
O filólogo español Joaquín Vallvé Bermejo, na súa obra La división territorial de la España musulmana, afirma que Al-Andalus ten a súa orixe en Jazirat al-Andalus, a "illa do Atlántico" ou Atlántida. De acordo con este catedrático, a lenda da Atlántida de Platón foi transmitida para o mundo árabe antes do nacemento do islam no século VII, como revela a poesía preislámica, que xa fai referencia a un Al-Andalus.
Ciencia
A semellanza do que sucedeu no dominio artístico, os árabes e bérberes que se asentaron na Península Ibérica no século VIII comezaron por recorrer ós saberes legados pola civilización visigoda.