Joaquín Vaamonde Cornide, nado na Coruña en 1872 e finado no Pazo de Meirás en 1900, foi un pintor galego encadrado dentro da Xeración Doente.
Iniciouse no mundo da pintura da man do pintor compostelán Modesto Brocos, e axiña deixa a súa cidade natal para viaxar a Montevideo e Buenos Aires.[1] Volveu aos 22 anos de idade xa convertido nun artista cun estilo de seu. A finais do século XIX conseguira facerse cun nome en Madrid, en parte grazas á influencia na cidade da escritora Emilia Pardo Bazán que naquel tempo triunfaba na literatura española como escritora e como figura pública. A súa complicidade era tal que a escritora converteuno no protagonista de La Quimera, onde era retratado coma un pintor novo con talento que desprezaba o seu traballo de retratista da burguesía, desexando ser como os grandes mestres que observa no Museo do Prado. Aos 32 anos de idade morre debido á tuberculose.
Na actualidade atópase no Museo de Belas Artes da Coruña a súa obra sobranceira, destacando entre outras un retrato en pastel de Pardo Bazán e un retrato de Ramón Pérez Costales (promotor da Real Academia Galega xunto a Pardo Bazán).
|format=
|url=