Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
A Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra máis coñecida pola súa marca comercial Caixanova, foi unha entidade financeira privada, activa entre 2000 e 2010.
A fusión realizouse en dous tramos, o primeiro coa fusión entre a Caixa de Vigo e a de Ourense, dando lugar a Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, que posteriormente se fusionou coa de Pontevedra para dar lugar a Caixanova.
Caixanova conforma co Banco Gallego, do que posúe o 50% do seu capital social, a primeira plataforma financeira de Galicia integrada por unha caixa e un banco, e que conta con 676 oficinas operativas -a maior rede de Galicia- e 3.660 empregados, (datos do 31 de decembro de 2006). Mercede ó ambicioso plan de expansión que está levando a cabo, xa está presente en case toda España e en países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Estados Unidos, México, Venezuela ou Brasil.
O investimento crediticio do grupo superaba no exercicio 2005 os 12.000 millóns de euros.
O volume de negocio que xestiona aproximábase, ó peche do exercicio 2006, ós 41.000 millóns de euros, ano en que acadou un resultado positivo (antes de impostos) de 200,8 millóns de euros.