O edificio ten planta de cruz latina e unha soa nave abovedada. A cada lado da nave hai seis capelas, a maioría funerarias. No interior destacan o presbiterio e as complexas decoracións barrocas. Dúas portas con balcóns permiten o acceso a outras áreas como a sancristía.[2]
A fachada clasicista, de dous corpos, está rematada por dúas torres-campanario.[2] No adro existe un cruceiro.[3]
Historia
O templo anterior, do que só se conserva a capela do Cristo, cunha inscrición de 1632 foi destruído no asedio de 1589.[1] A partir desa data e especialmente dende 1688 tivo que ser consolidado e reformado.[4]
A heteroxeneidade e antigüidade do edificio existente fixo necesaria a reconstrución, contra 1740, dun novo templo de estilo barroco.[4] A fachada orixinal, posiblemente de estilo híbrido, foi substituída en 1861 pola actual, proxectada por Faustino Domínguez Domínguez.[2]
Na capela das Dores está enterrada a fundadora do Hospital da Caridade, Teresa Herrera.[1]
↑ 4,04,1Vigo Trasancos, Alfredo (2007). A Coruña y el siglo de las luces: la construcción de una ciudad de comercio (1700-1808)(en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.