Mercado Municipal de Santo Agostiño

Mercado Municipal de Santo Agostiño
Fachada
Coordenadas43°22′19″N 8°23′53″O / 43.371944444444, -8.3980555555556
editar datos en Wikidata ]

O Mercado Municipal de Santo Agostiño, comunmente coñecido polo seu nome en español Mercado de San Agustín, é un mercado de alimentación ou praza de abastos propiedade do Concello da Coruña. Foi construído entre 1932 e 1938 baixo deseño dos arquitectos municipais Antonio Tenreiro e Santiago Rey Pedreira sobre os terreos doutro mercado preexistente que contaba con equipamentos moito máis básicos[1].

Desde 1898, distintos autores como Pedro Mariño e Antonio de Mesa xa aportaran tres proxectos de mercados de ferro,[2] todos rexeitados por cuestións económicas, xa que no período de entreguerras a construción do predio en ferro non era realmente viábel por mor da escaseza deste material[3]. Finalmente, a obra tomaría a mesma solución construtiva, formal e funcional do Mercado Central de Reims, obra de Maigrot e Freyssinet, de 1927. A cubrición do espazo cunha lámina de formigón parabólica, estabilizada por pequenas bóvedas transversais nos lados máis longos, sería un modelo amplamente utilizado neste tipo de construcións[1]. O cálculo da bóveda realizouno o enxeñeiro Eduardo Torroja.[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Mercado de San Agustín". Fundación Do.Co.Mo. Ibérico. Consultado o 31-03-2016. 
  2. Fernández Fernández, José (1987). "Breve noticia histórica de los mercados coruñeses en hierro". ISSN 0213-3474. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  3. "Mercado de San Agustín (La Coruña)". Urbipedia. Arquivado dende o orixinal o 11-04-2016. Consultado o 31-03-2016. 
  4. Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 186-187.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9. 

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!