A casa Cortés é un edificio situado no Ensanche da cidade da Coruña.
Historia
Inicialmente o proxecto constaba de dúas partes, unha de vivendas con entrada pola esquina, e outra de oficinas con entrada pola rúa de Ferrol. Finalmente, reformouse o proxecto cunha única entrada pola praza de Galicia.
Descrición
A casa Cortés é un edificio de estilo ecléctico situado nunha parcela de 957,8 m2. Ten vivendas de diferentes tamaños, a maior delas na esquina do edificio.
A decoración, como noutras obras de Rodríguez-Losada, concéntranse en zonas como os capiteis, as balaustradas ou nos remates. Ten elementos singulares como galerías e a cúpula.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.
Ligazóns externas
|
---|
Lugares senlleiros | |
---|
Museos | |
---|
Artes escénicas e da imaxe | |
---|
Espazos naturais | |
---|
Outros lugares | |
---|
|