Teatro Colón da Coruña


Teatro Colón da Coruña
Teatro Colón
Localización de Teatro Colón da Coruña en Galicia
Teatro Colón da Coruña
Localización do Teatro Colón en Galiza.
EnderezoAvda. da Mariña, sn 15003 A Coruña
CidadeA Coruña
PaísEspaña
Propiedade deDeputación da Coruña
Capacidade847
Inauguración1948
Reapertura5 de decembro de 2006
Uso actualRepresentacións teatrais
Concertos
editar datos en Wikidata ]

O Teatro Colón é un centro de representación escénica situado nos xardíns de Méndez Núñez, centro da cidade da Coruña. O Teatro Colón é de titularidade da Deputación Provincial da Coruña e xestionado por Novacaixagalicia dende a súa reapertura no 2006.

Características

Dispón dun escenario de 120,05 metros cadrados e dunha capacidade total de 847 localidades repartidas entre o patio de butacas (521 localidades) e dous niveis (palcos e antepalcos con 107 localidades, e principal con 219 localidades).

Historia

Emilio Rey Romero, empresario de espectáculos, foi o promotor e artífice do Teatro Colón, cuxo obxectivo era o de ofrecer unhas condicións de capacidade e comodidade óptimas para albergar variedade de espectáculos escénicos e proxeccións cinematográficas, pretensións que se viron cumpridas nada máis comezar a súa andaina en 1948, ofrecendo ao público unha gran variedade de eventos musicais e teatrais, ademais de especializarse nas grandes estreas de Hollywood.

En 1945, Jacobo Rodríguez-Losada Trulock comezou co deseño arquitectónico do edificio, dando ao conxunto unha imaxe clasicista, unha aposta estética segura para un edificio tan singular, tanto por tamaño como por posición.

Remodelación

A remodelación do Teatro Colón, iniciada no ano 2002, centrouse en obter un aproveitamento máis racional dos espazos. Mantívose o esquema do teatro á italiana, buscando establecer unha clara delimitación entre os lugares para o público e a escena. Por outra banda, a carencia de estancias de servizo resolveuse mediante a creación dun soto con numerosas dependencias como salas de ensaio e descanso, almacéns, talleres, camerinos, aseos e salas de instalacións. A intervención apoiouse en gran medida na estrutura preexistente, aínda que renovando tódolos elementos.[1]

Como principal diferenza co estado anterior, incorporouse unha instalación de aire acondicionado á sala independente da do resto do edificio. Substituíronse os pavimentos, acabados e butacas, dotando ás prazas de maior amplitude, comodidade e calidade. A iluminación da sala renovouse completamente coa incorporación dunha gran luminaria central, ao igual que a amplificación do son. Outras instalacións da sala contemplan a regulación lumínica, detección e extinción de incendios, megafonía, circuíto interno de vídeo ou sinalización e iluminación de emerxencia.

O teatro abriuse de novo ao público trala remodelación o 5 de decembro do 2006 cun concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia no que interpretou a Sinfonía núm. 9 "do Novo Mundo", de Antonin Dvorák, Impresión nocturna de Andrés Gaos e Negra Sombra.[2] O novo teatro remodelado foi renomeado Teatro Colón Caixa Galicia, debido á concesión da súa xestión, mantemento e realización de accións socioculturais a Caixa Galicia por parte da Deputación Provincial da Coruña (a titular do teatro), esta adxudicación fíxose efectiva o 30 de novembro do 2006, mentres que o contrato da xestión do teatro formalizouse o 16 de xaneiro do 2007 e durou ata o 2012.[3]

Notas

  1. O teatro
  2. Amado, Evaristo (6 de decembro de 2006). "O reformado Teatro Colón reabre as súas portas". ABC. Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  3. "Unahoramenos gestionará el Teatro Colón de La Coruña". Diario de Las Palmas. 29 de maio de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!