As Illas de San Pedro son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situadas no municipio da Coruña, na parroquia de San Pedro de Visma, ao pé do Monte de San Pedro. Son 5 illotes case chairos moi próximos uns aos outros, separados por unha canle inferior ao quilómetro e a 250 metros da costa. O conxunto das illas suma unha extensión de 15 hectáreas (a maior conta con 4). Tradicional zona de marisqueo. A súa vexetación é de carácter herbáceo onde se distinguen 14 especies diferentes.
Os illotes tamén teñen nomes de seu e son: Illa Vendaval ou Cetárea, Illa do Pé, Aguión,[1] As tres illas e Os Fernandiños.
En 2009 o arquipélago foi declarado espazo natural de interese local de xeito provisorio durante dous anos,[2] mais non se prorrogou. En 2016 o concello aprobou por unanimidade o procedemento para a súa declaración definitiva[3][4] e a declaración provisional foi aprobada pola Xunta o 16 de novembro de 2017.[5] O 7 de abril de 2020 aprobouse a declaración definitiva.[6]
Toponimia
Segundo Nicandro Ares San Pedro deriva do antropónimo latino relacionado con petra (pedra). É un nome de santo, haxiotopónimo.[7]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Lugares senlleiros | |
---|
Museos | |
---|
Artes escénicas e da imaxe | |
---|
Espazos naturais | |
---|
Outros lugares | |
---|
|