Illas Lobeiras

Modelo:Xeografía físicaIllas Lobeiras
Imaxe
Tipoilla
grupo de illas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°52′50″N 9°11′08″O / 42.8806, -9.1855
Bañado porOcéano Atlántico e ría de Corcubión Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie0,7 km² Editar o valor en Wikidata

As illas Lobeiras son un pequeno arquipélago galego pertencente á provincia da Coruña, en fronte da costa de Carnota, en plena ría de Corcubión. Está formado por dous grupos de illas separadas entre elas por un quilómetro e medio.

Xeografía

O grupo coas maiores illas é o chamado Lobeira Grande, o outro é Lobeira Chica. A maior das illas do grupo da Lobeira Grande (3 hectáreas de superficie) estivo habitada por fareiros; aínda hoxe consérvase o faro, pero automatizado. O total do arquipélago non excede as 7 hectáreas de superficie.

Etimoloxía

A orixe do nome destas illas non está moi claro. Por unha banda crese que en épocas anteriores estivesen habitadas por lobos mariños. Mentres que por outra banda, os mariñeiros consideraban estas illas un perigo para a navegación, esperaban agachadas como un lobo a que un barco chocase contra elas.

Faro

Artigo principal: Faro das illas Lobeiras.

A chamada Lobeira Grande, na cal se conserva o faro automatizado, estivo habitada por fareiros. O primeiro faro data do 1906, sendo un faro de 4ª orde. O edificio incluía a vivenda do fareiro, un almacén de alimentos e mercancías e unha oficina para o enxeñeiro do faro. Todo este grupo de illas foi escenario dunha morea de naufraxios, e sufriron tamén a principios de 1900 un forte temporal que deixou illada a familia de quen manexaba o faro, entón activo.

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!